15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Señora Xuana, podería facerme o favor de rubir antes de irse

prá súa casa.

—Si, miña rula, —contestaron.

—Agradecereillo moito.

Pouco despois entraba Xuana no carto de Rosa.

—Que querías decirme, —dixo aquela.

—Pouca cousa: que lle diga ó seu afillado que non deixe de vir

hoxe por aquí.

—Descoida, cumprirei o teu mandado.

—Dios llo pague.

—Non ten por qué pagalo, pois penso de min que non se fai nada

de máis con servir a un anxeliño.

—¡Bo! déixese de contiños.

—Pro... ¡ti chorache! miña nena. ¿Que che sucedeu, que aínda

tes as meixelas alcendidas

—Nada, señora.

—Algo debeu ser; eu, que son unha vella, entendo moito de certas

cousas, e sei ler no corazón das meniñas.

—Pois entón escuso decirlle nada.

—¡Non tanto! Eu vexo o fuso pro non sei si se fiou estopa ou

cerro. ¿Por que non dis o que che sucedeu

—Direillo, xa que se empeña. Meu tío querme casar con Alixandre.

—¿De certo, miña nena

—Si señora; eu contesteille sin rodeos que no quería.

—Fixeche ben, Rosiña; teu tío é un home a quen sempre lle gustou

que os que viven preto de si fagan e cumpran os seus desexos.

—Pois eu non llos cumprirei, e si pensa que facéndome herdeira

dos seus bes ten en min unha escrava, trabúcase por compreto.

—¡Que cousas se ven no mundo! Si souperan... —dixo Xuana

falando entre dentes.

—¿Que di —preguntou Rosa ó sorprender aqueles verbes.

94

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!