15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

¡Ah! concruía Marica de tocar unha ferida que inda estaba pingando

sangue.

Habían tido un fillo, si; e Dios non lles daba outro, quizais en

castigo daquel crime.

O señor Mingos comenzou a tembrar lixeiramente: abreu a ventana

e púxose a contemprar o hourizonte. Entre a brétema que envolvía os

ribazos de Corbeiroa acababa de ver o penedo que xa conocemos; aquel

penedo donde mandou afogar o froito dos seus amores con Marica.

Cerrou de novo a ventana e deixouse caer nunha silla acochando

a cara cas maus, preso dos máis feros remordimentos.

Aquel penedo acusaba mudamente un pasado crime, e decíalle a

súa concencia estas palabras “¡Acórdate, miserabre, acórdate!”

VI

Cando Rosiña se separou de seus tíos, dirixeuse ó seu carto en

busca de soedá, que é boa compañeira dos corazós feridos que aman

co fogo da primeira pasión.

Abreu a porta, e despois de pechar co tarabelo, sentouse nun

tallo que estaba preto do berce. Acochou a cara cas mans e púxose a

chorar caladiñamente.

Daba lástema, abofellas, ver a garridiña nena co cabelo ceibo,

coas meixelas cooradiñas, e limpando coas xemas dos seus dedos de

cera as bágoas que vertía a fío cal se fora unha Madalena.

Sentía no seu corazón ese dor que deben sentir os ánxeles si

foran desterrados do paradiso, e pensaba que todo morrera pra ela, que

xa non podía achar felicidá posibre estando privada da esperanza de

que Manuel chegase a ser seu.

Pero o amor, esa pasión sinxela baixada de Dios; ese sentimento

vago que tan felís e tan disgraciada fai ó mesmo tempo á humanidá, deulle

forzas e determinación na ialma pra opoñerse ós prolleutos de Mingos.

Levantou caladiñamente unha trapela que daba servicio á cociña

e chamou con voz baixa:

93

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!