15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Había algún tempo que se viran nun campón, á hora en que o sol

se chanta tras dos penedos, e alí habíanse dito entrambos a dous o

amor que fechaban nos seus peitos. Ela non se opuxo de ningunha

maneira a aquil cariño que xa non era novo pra ela, pois facía un ano

que cando vía diante si a Manuel, non sabía o que lle pasaba e as cuspes

facíanselle cóchegas na gorxiña.

Rosa acetou con pracer o ir a vivir á casa do seu tío, porque desa

maneira tiña máis cerca a Manuel.

Tódalas noites se vían ás furtadelas na eira; e alí, collidos das

manciñas, pasaban unha hora en amoroso paroleo, hora que lles parecía

un anaco de tempo.

Nada aparecía nubrar o ceo da dicha dos dous namorados; pero

o fatalismo, que sempre camiña ó rente da felicidá, logo lles fixo ver

un porvir de sufrimentos e bágoas.

O señor Mingos cobizaba facía algún tempo a idea de casar a

Rosiña cun subriño seu chamado Alixandre, e unha tarde consultou tal

desexo coa súa parenta, que non era moi gustosa en tal casamento,

pero que non se opuxo por non alcender as irias do seu home. Iste chamou

á sobriña e díxolle:

—Nena, temos que cumprir os desexos que teu pai fixo presentes

ó morrer; penso de min que xa adiviñarás...

—Eu... si vosté non me di máis...

—Pois o que il encargou non foi máis que cando tuveras edade

dabondo te casaran co meu sobriño Alixandre, rapaz de proveito, e un

dos primeiros labregos da parroquia.

O carís da fidalga meniña cubreuse dunha paledez de morto, e un

sospiro fondo, arrincado por un súpeto dor foi a úneca resposta que dou.

—¿Non contestas, Rosiña — preguntou il mirando de fite a fite

a cara da rapaza como si quixera ler nela os pensamentos que bulían

na súa imaxinación de dazaseis anos.

—Vosté, —dixo ela con fala tremante— proponme un sacrificio.

—¡Como! ¿É un sacrificio cumprir cos desexos dun pai...

—Señor, cando o corazón...

91

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!