15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Manuel Lugrís Freire naceu en Sada (A Coruña) o día 12 de

febreiro de 1863 no seo dunha familia da que, segundo o seu neto

homónimo 1 , “se tên notícias desde o tempo dos Áustrias, na parroquia

de Dexo e da que existem, e el encarregou-se de recopilá-las, testemunhas

escritas sobre a prestaçom de serviços de armas, solicitudes

de empregos, etc... e que, com a passagem do tempo, se instalárom en

Sada, (Fontám), na segunda metade do século XIX”. O pai fora propietario

dun almacén de sal no peirao de Sada, pero xa na infancia do

noso autor perdera a propiedade por problemas coa administración.

Debido a esta situación, a posición económica da familia nestes anos

é dificultosa; feito que obriga a Lugrís a ingresar como escribán no

concello de Oleiros ao rematar os seus estudos primarios. Nas longas

camiñadas dende Soñeiro ata Oleiros descobre un mundo e unha paisaxe

que aboiará constantemente na súa obra literaria. Parécenos moi

relevante o que nos contou o seu neto xa citado, a nosa principal fonte

de información biográfica, con respecto á súa conversión ao galeguismo,

que coincide en gran medida co argumento do conto “Os primeiros

versos”, incluído nesta edición, e que tería lugar nese camiño

que Lugrís facía a pé entre a súa casa en Sada e o seu traballo en Oleiros.

Nesta primeira etapa da súa vida escribe Nociones Generales de

Mitología, obra á que non tivemos acceso, pero da que hai noticia a

través de Francisco Pillado Mayor 2 .

No 1883 emigra a Cuba nun momento histórico pacífico que se

sitúa no medio de dúas guerras, cinco anos despois da Paz del Zanjón

(10 de febreiro de 1878), que poñía cabo á Guerra dos Dez Anos

(1868-1878). Comeza daquela Lugrís un dos períodos máis intensos

do seu periplo vital, tanto no eido profesional coma no creador. Traballa

como contable na firma Otamendi Amiel. Moi pronto entra en

contacto coa colonia galega residente na illa caribeña e xa no ano

1884, un despois da súa chegada, é nomeado vogal da xunta directiva

do Centro Galego da Habana 3 . Inmediata foi a colaboración coa prensa,

especialmente con El Eco de Galicia, que dirixía na capital cuba-

1

Manuel Lugrís Rodríguez, “O meu avô Manuel Lugris Freire”, Agália, nº 23, p. 319.

2

O Teatro de Manuel Lugrís Freire, Sada–A Coruña: Ediciós do Castro, 1991, p. 13.

3

Que fora inaugurado o 11 de xaneiro de 1880.

9

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!