15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

—Xuana, —decía aquela— non sabes, nin podes maxinalo, o

magoada que teño a ialma. Cando me acordo daquil filliño, primeiro froito

dunha tola pasión, sinto un dor no máis fondo do peito que me mata.

—Señora non hai que facerlle, —contestaba Xuana— teña

pacencia, e esperanza en Dios...

—¡Esperanza en Dios! Xuaniña, as esperanzas non manteñen, e

ademais non teño en que fundalas.

—Dios é xusto, e sabe que vosté non tomou parte algunha no que

despois sucedeu.

—Quizais teñas razón, pero descasí eu son castigada: ti sabes

que non puiden ter ningún fillo máis, ¿non é isto un castigo

—Parécelle a vosté. A mesma bondá dos seus sentimentos lle fai

crer tal cousa.

Marica quedou ensimismada en fondas refleusiós; despois dixo

tristemente:

—¡Decir que non hei de ter un fillo a quen dar biquiños, en quen

poñer o amor de nai que sinto reverter no peito!...

—Iso ten fácel romedio. ¿Por que non trai Rosa, á súa sobriña

filla de Pontellos, prá súa casa! É unha rapaciña moi homilde, e penso

de min que lle sacaría isas lembranzas.

—Heino de facer, Xuana, anque non sexa máis que por probar.

Pro... ¡aquela criatura!

E limpou co rivés do delantal as bágoas que brilaron nos seus

ollos, fillas dun dor terco que na deixaba acougar.

—E a propósito, Xuana, —sigueu falando despois de reporse do

abatimento de sempre— ouvín, fai algús días, que o teu afillado

Manuel se entende coa miña sobriña Rosa.

—Eu nada lle sei de certo, pro algo adiviño tamén.

—¿Non che parece que farían unha linda parella

—Xa o creo, só que a fertuna de Manuel non ten comparanza

coa da súa sobriña.

—Sempre o diñeiro, sempre o interés se entromete en tales

cousas. Manuel é un mozo de moito aquel; ten o oficio de carpintei-

89

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!