15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

despechen os abrochos) namorouse cegamente de Marica, orfa tamén,

que vivía cos seus avós na vila de Sada.

Pouco necesitou pra espertar no peito da feiticeira rapaciña unha

pasión arroubadora e tola; pasión de que abusou Mingos, astra o estremo

de que iba a ser nai a que dinantes era cándeda virxe.

Anque era moito o querer que tiña por Marica, non pensaba

casarse con ela, porque a consideraba probe, e pra que no obrigasen a

tal casamento cando souperan o estado da rapaza, fixo porque ista fora

a pasar algús meses a unha aldea da outra banda da ría, e dimpois buscou

un sitio onde puidera parir sagretamente, sucedendo o que xa deixo

escrito nos dous pormeiros capítalos que podemos chamar prólogo

diste pequeno traballo.

Pro a concencia, xués mudo que non deixa acougar o esprito dos

pecadores, rifáballe con isa parola misteriosa que ninguén comprende

pro que se adivina, e entón decideuse a casarse con Marica.

¿Atopábanse felices ¿Reinaba entre iles o sosego que tan prácida

fai a vida do fogar Non de verdade, anque as aparencias fixesen

ver outra cousa. Nos seus adrentos sostiñan dúas loitas difrentes: il, o

terco remordimento do pasado que decote pesaba sobre a súa ialma; e

ela, a nostalxia do eterno aleixamento do úneco froito do seu tamén

úneco e pormeiro amor.

Pillemos agora o fío da lenda, que aínda podemos decir que está

no escomenzo.

IV

Era a hora da lusque–fusque dun día triste de Outono; dun deses

días melancónicos en que se xuntan na testa tódalas lembranzas do

pasado misturadas coas esperanzas do porvir.

No sobrado da chouza en que vivían os nosos personaxes, sita no

rueiro de Samoedo 118 , alcontrábanse parolando Xuana e Marica, a

muller do señor Mingos.

118

Aldea da parroquia de Sada, situada a 1 Km. da capital municipal.

88

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!