15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

o seu ronco bruído, como si fora a fala de Dios que reprendía

aquil crime.

III

Xa pasaron dazaoito anos dende os feitos que conocemos, sin

que ninguén chegara a saber cousa algunha daquil crime executado

pra ter honra diante da sociedade, e pra perdela por compreto diante a

concencia.

¡Cantas presonas hai sobre a terra que a semellanza da que agora

falo, pasan polo mundo cos papés de virtuosos, levando a ialma lixada

cun crime que fai laiar a testa con ises dores imparolabres que os teñen

decote en desosego como cando vai un embarcado nunha buceta que a

primeira toupada da maregada está a pique de ir ó fondo!

Mais é menester que antes de entrar de cheo no texido da verdadeira

estoria que escribo, diga algo dos personaxes que xa dei a conecer,

anque incompretamente.

O home aquil que forzou a Xuana pra que tirase dende o penedo

o recén nado, era, como indiquei dinantes, fillo dun rico vinculeiro

veciño dunha aldea que compón o auntamento de Sada, pertenecente

naquel tempo á xurisdición de Miraflores 117 .

Tendo somente dez anos, quedou orfo de pai e nai e dono duns

eidos de rendementos bos que abondaban pra soster a Mingos, que tal

era o seu nome.

Quedou por albacea un tío dil, irmán do pai, que anque era un

home de ben, non tiña carauter pra cortar as pólas viciosas que nacen

no esprito a semellanza que nunha cañota descoidada nacen sarmentos

que chupan o zume benfeitor da froita.

Ansí que chegou á edade das ilusiós, (a isa edade en que ó home

lle fai falla amar, o mes que ás prantas unha raiola pra que as froles

117

Amplo territorio que abranguía varios concellos das Mariñas sobre os que tiñan xurisdición

os condes de Lemos.

87

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!