Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ... Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

15.02.2015 Views

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire apreixadas nubes que a tapaban alumando paledamente o lugar en que se achaban os nosos personaxes. No fondo do couce que pon termo ó cómaro de Corbeiroa víase erguer o seu mouro carís on penedo alto, semellante a unha esfinxe exicia. —¿Ves ise penedo —preguntou o home insinándoo co dedo. —Si, vexo, —papuxou Xuana, sintindo correr polas venas o frío do medo. —Pois sube a il e tira ise neno ó mare. —¡Piedade! Non me mande facer tal cousa. —¡Anda lixeira! —Señor, teña concencia. Dios venos e castigaría con man fera tal crime. —Déixate de charaviscadas. Fai o que che digo e fecha a boca. —¡Por Dios! Eu obrígome a manter o neno sin que poida chegar a saber de quen é fillo. —¡Non pode sere! —Direi que mo mandaron de calquer lado. —¡Tampouco! —Pois eu non podo facer eso. —Si, faralo, —repuxo il sacando do seo un longo coitelo. —¡Virxen santa! —dixo ela caendo debruzada no chau. —Levántate e fai o que che mando; de non morres. —Non podo... —Ala, axiña. Xuana conoceu que o que decía il íbase a cumprir; fixo forza de fraqueza e pideulle a Dios alumease a chencha. Ergueuse traballosamente e subeu á cume do penedo. O home tapou coas mas a cara pra non ver o que iba a sucedere. Un pequecho bulto fendeu o aire choupando na auga pra logo ir ó fondo. Un lóstrego alumou de súpeto o desencaixado carís do home aquil. A lúa cubreuse novamente de nubes, e o trono deixou ouvir 86

Xabier Campos Villar o seu ronco bruído, como si fora a fala de Dios que reprendía aquil crime. III Xa pasaron dazaoito anos dende os feitos que conocemos, sin que ninguén chegara a saber cousa algunha daquil crime executado pra ter honra diante da sociedade, e pra perdela por compreto diante a concencia. ¡Cantas presonas hai sobre a terra que a semellanza da que agora falo, pasan polo mundo cos papés de virtuosos, levando a ialma lixada cun crime que fai laiar a testa con ises dores imparolabres que os teñen decote en desosego como cando vai un embarcado nunha buceta que a primeira toupada da maregada está a pique de ir ó fondo! Mais é menester que antes de entrar de cheo no texido da verdadeira estoria que escribo, diga algo dos personaxes que xa dei a conecer, anque incompretamente. O home aquil que forzou a Xuana pra que tirase dende o penedo o recén nado, era, como indiquei dinantes, fillo dun rico vinculeiro veciño dunha aldea que compón o auntamento de Sada, pertenecente naquel tempo á xurisdición de Miraflores 117 . Tendo somente dez anos, quedou orfo de pai e nai e dono duns eidos de rendementos bos que abondaban pra soster a Mingos, que tal era o seu nome. Quedou por albacea un tío dil, irmán do pai, que anque era un home de ben, non tiña carauter pra cortar as pólas viciosas que nacen no esprito a semellanza que nunha cañota descoidada nacen sarmentos que chupan o zume benfeitor da froita. Ansí que chegou á edade das ilusiós, (a isa edade en que ó home lle fai falla amar, o mes que ás prantas unha raiola pra que as froles 117 Amplo territorio que abranguía varios concellos das Mariñas sobre os que tiñan xurisdición os condes de Lemos. 87

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

apreixadas nubes que a tapaban alumando paledamente o lugar en que

se achaban os nosos personaxes. No fondo do couce que pon termo ó

cómaro de Corbeiroa víase erguer o seu mouro carís on penedo alto,

semellante a unha esfinxe exicia.

—¿Ves ise penedo —preguntou o home insinándoo co dedo.

—Si, vexo, —papuxou Xuana, sintindo correr polas venas o

frío do medo.

—Pois sube a il e tira ise neno ó mare.

—¡Piedade! Non me mande facer tal cousa.

—¡Anda lixeira!

—Señor, teña concencia. Dios venos e castigaría con man

fera tal crime.

—Déixate de charaviscadas. Fai o que che digo e fecha a boca.

—¡Por Dios! Eu obrígome a manter o neno sin que poida chegar

a saber de quen é fillo.

—¡Non pode sere!

—Direi que mo mandaron de calquer lado.

—¡Tampouco!

—Pois eu non podo facer eso.

—Si, faralo, —repuxo il sacando do seo un longo coitelo.

—¡Virxen santa! —dixo ela caendo debruzada no chau.

—Levántate e fai o que che mando; de non morres.

—Non podo...

—Ala, axiña.

Xuana conoceu que o que decía il íbase a cumprir; fixo forza de

fraqueza e pideulle a Dios alumease a chencha. Ergueuse traballosamente

e subeu á cume do penedo.

O home tapou coas mas a cara pra non ver o que iba a sucedere.

Un pequecho bulto fendeu o aire choupando na auga pra logo ir

ó fondo.

Un lóstrego alumou de súpeto o desencaixado carís do home

aquil. A lúa cubreuse novamente de nubes, e o trono deixou ouvir

86

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!