15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

que o camiño que aquil home collía non iba a ningunha aldea, sinón

ós penedos que sirven de asentadeiro on castelo que se encontra no

couce de Corbeiroa 114 . Entón naceu de súpeto unha agoreira duda na

chencha daquela muller: “ou iste home está tolo (pensaba) ou vai facer

algunha trastada levándome on sitio tan ermo.”

—Señor, —preguntou entón en toada medosa— ¿a onde vai osté

por iste camiño

—Logo o saberás, Xuana.

—Pro... se este lindeiro non pode levarnos á súa casa.

—Estás trabucada; por eiquí pódese ir á Lagoa 115 .

—Si, dando un arrodeo longo, e indo espostos a esbarrar

nun ribazo.

—Iremos pola beira do mar pra que iso non aconteza. Descasí,

convén ir por eiquí pra que ninguén nos vexa.

—Como vosté queira, pero mellor nos fora ir pola costa de

Oucés 116 .

—Cala e sígueme, —dixo con malhumor pra cortar a parola.

A toada misteriosa con que falaba aquil home amoreaba máis as

dudas que Xuana comenzaba a cobizar.

Siguiron anque con traballo, camiñando a rente do empinado

cómaro, que separa do mar as leiras de Corbeiroa. Ó chegar ó pé do

castelo do mesmo nome, parouse o home e tendeu unha ollada de can

doente no seu alrededore.

Xuana escomenzou a tembrar. Tiña receos de que aquil home a

matara pra quedar máis certo do sagreto do alumamento de Marica.

A tempestade sosegouse un pouco como quen colle alentos pra

seguir con máis forza o traballo comenzado, e a lúa desacochouse das

114

Corveiroa é un pequeno cabo situado entre as praias de Sada e Gandarío, na parroquia

e concello de Sada.

115

Aínda que son moitos os topónimos Lagoa en Galicia, neste caso refírese a unha aldea

da parroquia de San Xoán Bautista de Oucés, no concello coruñés de Bergondo.

116

Parroquia do concello de Bergondo (A Coruña), que ten a ría de Betanzos ao norte, Bergondo

e Lubre polo sur, Moruxo polo leste e Maianca e Serantes polo oeste.

85

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!