15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Unha das mulleres, que iba collida do brazo daquel home, dixo

con fala tremante:

—Xuana, ¿chegaremos logo

—Si rapaciña, pois non falta mais que un pouco camiño que

podemos andar nun suspiro, —contestou a muller que xa sabemos se

chamaba Xuana.

—Mellor: andemos a présa, que penso de min que está cerca

a hora.

—E ademais pinisca moito, —añadeu Xuana.

Apertaron o paso, e a pouco paráronse no últemo da Tenencia

diante unha casa sin sobrado, dando na porta da mesma us golpiños

con cuidado medoso.

—¿Sodes vosoutros Entrade, —dixo en poucos e curtos verbes

unha acochada muller que abría a porta.

Os tres desconocidos entraron caladiñamente; siguiron por un

pequeno e estreito andamio, e dimpois a muller, dona ó parecer da

casa, señaloulles un cuarto probemente amoblado no que entraron os

nosos personaxes, menos a dona que se retirou.

Un candil de saín alumaba o cuarto con esmaiada luz, que facía

ver, anque confusamente, que clas de xente era a que alí se achaba.

Unha das mulleres parecía ter, cando máis, vinte anos; e a simpre

vista se comprendía que estaba en cinta. O seu carís era branco

e feituquiño coma os das virxes de Moure 113 , e tiña por coroa unha

cabeleira roxa e enconchada que colgaba sobre as súas brancas

espaldas. Os seus ollos eran azús, e neles adiviñábase unha ialma de

sentimentos vagos e melancónicos. O delor, que na deixaba acougar

e que lle daba unha palidez de morto, facía, por iso, máis feiticeira

e enteresante.

113

Francisco de Moure foi un dos principais escultores do século XVII en Galicia.

Naceu en Compostela ao redor de 1576. Trasladouse de novo a Ourense, onde entrou

en contacto con Juan de Augés El Mozo e con Alonso Martínez. Viaxou a Castela e

alí coñeceu a artistas como Berruguete, Juni e Gregorio Fernández, dos que recibirá

unha grande influencia.

82

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!