15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

do home galego (...) Procura nos seus contos prantexar a denuncia

de certos feitos, que hoxe chamaríamos sociales, pero encadrándoos

sempre no enfoque sereo de home ilustrado, que procura

topar no feito denunciado o símbolo moral para deducir a

norma de conducta capaz de evitare a súa repetición.

Non escribe Lugrís ao xeito doutrino encastelado, con

acentos máis ou menos troantes, non. El, soamente, sinxelamente,

nun lingoaxe galano i espresivo, lévanos da man diante

os aldraxes da inxusticia, os abusos do caciquismo, os traballos

do labrego, as angurias do mariñeiro, e, coma quen presenta un

cadro vívido, turra da cortiña, para decir “Vel ehí tendes o caso.

Agora tirades vós a insinanza”. É un xeito poético, querendoso,

cicáis un tanto retranqueiro de denunciar. Pra o noso ver, un xeito

moi galego, de grande eficacia, que acada a dobre función de

nos aguilloar deleitándonos.

Ricardo Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega

Contemporánea 108 é menos benévolo que os editores anteditos e considera

que:

Lugrís firmou co pseudónimo de Asieumedre moitas

narracións breves, maormente apólogos ou historietas edificantes,

recollidas afinal nun volume. Son en xeral literatura de propaganda

rexionalista, en estilo popular, escrita para fomentar

na xente o gosto polos testos galegos. Pero soen adoecer, inda

as que percuran un máis achegado contacto cos xeitos populares,

da desviación característica do autor cara os convencionalismos

ideolóxicos e literarios. Non teñen, por exemplo, a

autenticidade dos contos de Labarta. Desde logo, hainos de

variados asuntos, algúns de época, como “Unha regueifa”, “A

espada do fidalgo”, “O primeiro sangue”. Un está dialogado en

forma de paso de comedia: “Ir por lan”. Hainos morás patrióticos

e sentimentás.

Outra opinión contraposta, en certa medida, á de Carballo Calero

é a que expresa Modesto Hermida na obra Narrativa Galega: Tempo

do Rexurdimento 109 , na que, despois de facer un breve percorrido

108

Cit. p. 483.

109

Cit. p. 138.

65

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!