15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

pañeiros”, “O xiro do sancristán”, “A mitá en cartos” e “Con polaina e

media”.

Noutro grupo de relatos predomina o contido moral, que se

expresa a través dun consello que, case sempre, a venerada figura do

vello petrucio expón no final do conto. É o caso de “A nogueira”,

“Homero”, “Tiña razón”, “O segredo”, “¡Boa proteición!”, “A Covadanca”,

“A mareira” e “Solidaridade”.

Tampouco a relixión lle é un tema alleo; as críticas á falsa relixiosidade,

a mistura de fe e intereses económicos que percibe en

membros da igrexa, a superstición, o abandono do traballo e a confianza

exclusiva nas actuacións divinas son temas non descoñecidos

por Lugrís. Seguen esta liña: “A crus”, “O primeiro é a mantenza”, “A

honradés”, “¡Protestante!”, “O xiro do sancristán”, “A mitá en cartos”,

“Axúdate” e “A Coavadanca”.

Deixamos para o final o grupo de relatos de carácter histórico ou

aqueles que recrean algún acontecemento biográfico do noso autor.

Responden a estas características: “Pola patria”, “Unha cantiga de

Chané”, “Tiña razón”, “A labor do poeta” e “Lamáchegas”.

2.2.5. Recepción crítica.

Aínda que dos Contos de Asieumedre atopamos máis referencias

críticas que d’ O penedo do crime, non existe sobre eles ningún estudo

específico, nin tampouco atopamos ningunha recensión crítica no

momento da súa publicación, polo que consideramos que a boa acollida

que debeu ter entre os lectores (lembremos a tirada de vinte mil

exemplares do opúsculo de 1908) non se viu correspondida na mesma

medida polos estudosos e xornalistas da época. Xa en datas máis

recentes, foi esta obra obxecto dalgúns comentarios, como os que lle

dedican os anónimos editores que prepararon o volume A carón do

lar, publicado no 1970 por Edicións Castrelos de Vigo:

Forman no seu conxunto unha “leición de varia moralidade”.

Moralidade, se entende, non sóio de ética ao uso, senón

tamén cívica e patriótica, tendo sempre como telón de fondo o

latexo popular da vida mesma, a visión dos atafegos e degaros

64

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!