15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

2.2.4 Temática.

Aínda que haxa relatos máis ou menos alegóricos, máis ou

menos distanciados temporal e espacialmente do momento no que

Lugrís está a escribir a súa obra, o autor proporcionoulles a todos

eles un verniz realista. Cando considerou que a presenza de acontecementos

ou personaxes históricos non era suficiente para conseguir

a verosimilitude buscada, empregou unha serie de operadores realistas,

entre os que incluímos a seguir unha mostra: “se mal non me

lembro”, “Acórdome como se fora hoxe”, “E dígovos en verdade que

dou moito que cavilare o dito de Martiño”, “E comenzarei o conto,

que así eu medre como ten máis de verdadeiro que de fábula”, “Xan

do Couto tiña sona de lampantín e zaramalleiro, e abofé que vos era

merecente dela”, “Nunha rúa, da que non me lembro”, “Se mal non

me lembro”, “Non se recordaba en Samoedo home máis gandul e

larchán que Xaquín do Couto”, “Conta un vello pergameo, atopado

nos cimentos dunha pirámide exipcia”. Pretende con esta estratexia

asegurar a existencia histórica de certos personaxes ou acontecementos.

Constitúen tamén operadores realistas as notas incluídas

polo autor a pé de páxina, como o “Histórico” dos contos “Enxebres”

e “A labor do poeta”, ou “Este feito, con lixeiras variantes, é

certo” do relato “Pola Patria”.

Esta preferencia polo realismo, superlativizada na total ausencia

de relatos fantásticos, condúcenos a unha das principais características

dos contos de Lugrís Freire, o seu forte contido social e reivindicativo.

Defende, xa que logo, a liberdade e a xustiza para a grande

masa do pobo galego, representada nos labregos, e ten constantemente

no punto de mira a figura do cacique. O caciquismo convértese,

para o noso autor, nunha das principais eivas que empece o avance do

país; “verdadeira rede, na que, como a mosca na tea de araña, está

colleito o noso sufrido labrego”, tal e como expresa en “Volve por

outra”. O cacique aparece pintado con todos os trazos negativos: prepotencia,

soberbia, falsidade, hipocrisía; así mesmo é abusador, intereseiro

e falsamente relixioso. A figura que se opón a esta peste para

o país, a figura do labrego, caracterízase pola retranca, a astucia e a

habelencia para afrontar situacións difíciles.

62

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!