15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

caso de: “O vimbio e mailo pino”, “A crus”, “O primeiro é a mantenza”

(no que a indeterminación espacial está expresa coa seguinte afirmación:

“había unha vila, chamada non sei cómo”), “Un aldraxe”, “O

segredo”, “O aforrón”, “O xiro do sancristán”, “O primeiro cacique”

e “Lenda de Brigo”. Se nos anteriores a intención do autor era presentar

unha realidade próxima ao lector, nestes decántase por buscar a

universalización da anécdota e unha certa abstracción, xustificada

tamén polo contido crítico destes textos.

Un pequeno grupo de relatos están ubicados espacialmente noutros

lugares con referentes reais coñecidos polo lectorado para o que

Lugrís concibiu a obra, pero a súa presenza é esporádica: “A espada

do fidalgo” en Ponteareas, “Unha cantiga de Chané” e “A labor do

poeta” na Habana, “A illa milagreira” e “¡Protestante!” nas Rías Baixas

e “Axúdate” na ría de Ares e Ferrol.

Finalmente, son tres os contos situados en espazos moi afastados

xeográfica e culturalmente de Galicia. Trátase de: “A libertade”, ubicado

en Exipto; “O verbo”, cerca do Mar Caspio e “O primeiro sangue”,

tamén en Exipto. Nestes casos, a mensaxe é moito máis directa

e contundente, hai un claro chamamento á loita e á unidade de acción

do pobo contra as inxustizas. En “O primeiro sangue” descríbese unha

situación similar á que padecía a Galicia da época, que podemos comprobar

no seguinte parágrafo, a modo de denuncia que os labregos

exipcios fan diante do sabio Sponto:

— Sabio e xusto Sponto, o Rei gobérnanos moi mal.

Non temos camiños empedrados como os que fan os romanos na

Iberia e na Mauritania, e polo mesmo non podemos leva-los froitos

do noso traballo ós mercados de Fenicia e Celesía. Os nosos

fillos van loitar a terras alleas por razóns que non conocemos e

causas que non nos importan. As leises e maila nosa fala da nosa

terra son trocadas por outras que magoan os nosos sentimentos.

Está con isto, o narrador do conto, a denunciar tres problemas

comúns aos da Galiza contemporánea de Lugrís: as deficientes vías de

comunicación que dificultan o comercio tanto interno coma externo, o

recrutamento de mozos para loitaren nas guerras de descolonización americanas

e a substitución da lingua galega pola castelá nos ámbitos cultos.

60

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!