15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Por outra banda, en dous dos relatos, “Ir por lan” e “La ofrenda

o los folletos verdes de Don Pepiño”, que incluímos nesta edición

porque foi o propio Lugrís quen os incluíu nos Contos de Asieumedre,

a adscrición xenérica preséntase, cando menos, difusa; teñen a

estrutura propia das pezas teatrais con intervencións alternadas de

cada un dos personaxes co nome en maiúsculas á marxe, con acoutacións

entre parénteses, que cumpren a función do narrador, e mesmo

un deles recibe o cualificativo de “Sainete rápido”. As nosas

dúbidas ao respecto acentúanse se temos en conta que Francisco

Pillado Mayor 106 e Henrique Rabunhal Corgo 107 inclúen ámbolos

dous textos entre a produción dramática do autor de Sada. Ademais

destes, hai outros relatos que se desenvolven por medio de diálogos

e a función do narrador redúcese a introducir as intervencións dun

ou doutro personaxe con verba dicendi, é o caso de “O mellor amante”

e “O segredo”.

O antetítulo co que se publicaron boa parte dos contos, “A carón

do lar”, é unha mostra das débedas que ten a narrativa breve de Lugrís

coa tradición oral e alude ao espazo típico no que os máis vellos transmitían

de xeración en xeración as historias e, ao mesmo tempo, a

sabedoría aos máis novos. Son tamén varias as intervencións dos distintos

narradores que inciden nestas débedas coa tradición oral:

“Escoitade o conto, meus filliños”, “Se ten vagar e me quer ouir contareille

unha historia”, “¿Hoxe quedaremos sin o conto a que vosté nos

ten afeitos tódalas noites”, “¿Conocede-la vila de Sada”, “Abonde

con decirvos”, “ou mellor dito”.

Coa intención de ofrecer unha visión de conxunto sobre a

publicación deste corpus de textos incluímos a seguir unha táboa

na que informamos dos títulos recollidos en cada edición, así

como daqueles publicados anteriormente en prensa ou os que só

viron a luz en xornais e revistas.

55

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!