15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

riz, director de Follas Novas, na Habana”, dedicatoria que desapareceu

nas sucesivas edicións en libro; “¡Protestante”, dedicado na versión

d’ A Nosa Terra “Ao meu quirido amigo D. Manuel Bolaño

Noguerol” e a D. Manuel Salgado nas versións en libro; “Unha regueifa”

a Ángel Barros; “A espada do fidalgo” dedicado “A meu irmán

Plácido”; “Tiña razón!” dedícallo Lugrís “Ao meu quirido amigo José

Posse”; “O Aforrón” a M. Bolaño Noguerol; “A libertade. O lobo e

mailo can” preséntase como “Imitación dunha fábula de Lafontaine”;

“Axúdate” dedícallo a Rodrigo Sanz; “A Covadanca” leva a seguinte

dedicatoria “Ao meu quirido amigo Xan Beltrán e Muiños”; “A

Mareira” a Suárez Picallo, e, finalmente, “O primeiro cacique” a

“Alfonso de Cal, meu amigo”. Con estas expresións de afecto ponse

de manifesto a intensa relación de Lugrís con boa parte da intelectualidade

galeguista da época.

Seguindo coas peculiaridades paratextuais destes relatos, cómpre

dicir que son ben poucos os que están estruturados en partes; ben

numeradas con romanos, ben con outro tipo de marcas gráficas. A

este respecto, merece comentario o conto titulado “O vimbio e mailo

pino”, un relato estruturado en dúas partes, I e II, con narradores

independentes. En “Os primeiros versos” non hai cambios de narrador,

pero o conto está estruturado en cinco partes que se separan cunha

liña de asteriscos. En tres partes tamén está estruturado “Pola

patria. Episodio da Guerra da Independencia”, tres partes que non

responden ao xa clásico esquema de presentación, nó e desenlace, xa

que, neste caso, a presentación ocupa os fragmentos I e II, mentres

que o nó e o desenlace inclúense na ampla terceira parte. O titulado

“A honradés” tamén está dividido en tres partes que se sinalan con

números romanos. Aínda que non existan marcas numéricas ou gráficas

no texto, a estruturación maioritaria dos contos é aquela que

comeza cunha presentación dos personaxes ou descrición do ambiente,

segue co nó da historia e remata cun final, case sempre, anticlimático.

Son ben poucos os comezos “abrupto”, tan só cómpre citar

“O parecer”, “O segredo”, “A honradés” e “Boa meiciña”.

106

Op. cit. pp. 19–20.

107

Op. cit. pp. 76–77.

54

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!