15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

pois do pasamento de Lugrís, foi Edicións Castrelos de Vigo quen

recuperou a memoria deste incansable loitador galeguista cunha

antoloxía na que se escolmaban dezasete contos. Este volume, que

constituíu o número 17 da colección “O moucho”, saíu do prelo en

1970 e reimprimiuse en maio de 1973. Os anónimos editores decidiron

publicar este feixe de relatos baixo o título A carón do lar, que

xa lle tiña servido a Lugrís como antetítulo cando os deu a coñecer

n’A Nosa Terra.

Boa parte dos textos incluídos na edición de 1909 e outros inéditos

ata agora foran anticipados n’ A Nosa Terra ao longo do 1907 e

1908, todos eles asinados por Asieumedre, o pseudónimo máis empregado

por Manuel Lugrís Freire. A partir do 6 de agosto de 1908 non

volveu dar a coñecer máis relatos na prensa ata que saíu “Mareira” o

15 de xaneiro de 1922, asinado por Asieumedre e reproducido nun

apéndice do poemario Ardencias. Un mes despois deste, publicou

nese mesmo xornal o titulado “O primeiro cacique”. O 1 de xullo de

1924, tamén coa sinatura de Asieumedre, apareceu n’ A Nosa Terra a

“Lenda de Brigo”, que anos máis tarde foi publicada no apéndice en

prosa do volume Ardencias. Finalmente, foi o 25 de xullo de 1928

n’ A Nosa Terra, cando Lugrís, esta vez sen pseudónimo, deu a coñecer

o conto titulado “Solidaridade”, que constitúe a mostra literaria

máis tardía das que incluímos nesta edición.

Foron moitas as reproducións de contos aparecidas en datas

posteriores á primeira edición en libro, evidente indicio da boa acollida

e da popularidade que debeu ter no seu tempo. Merece especial

atención a da revista Mondoñedo en 1908, pola cantidade de relatos

incluídos, e a d’ O Tío Marcos da Portela, en anos posteriores.

Varios dos relatos teñen algunha dedicatoria, tanto a persoeiros

coñecidos, quer pola súa actividade política quer pola súa relación coa

cultura galega, coma a outros que non conseguimos identificar. A este

respecto, polo seu interese paratextual e hermenéutico incluímos de

seguido unha lista cos relatos e a correspondente dedicatoria: “O vimbio

e mailo pino” foi dedicado nas primeiras versións a Eduardo Pondal,

e na d’ A Nosa Terra e posteriores a Santiago Casares Quiroga;

“¡A xusticia!” estaba dedicado “Ao meu quirido amigo Nan de Alla-

53

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!