15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

da obra en libro, o que favoreceu que permanecese durante tantos

anos recluída e agochada nas varias hemerotecas que no país e en

América gardaban exemplares de El Eco de Galicia nos seus fondos.

Tan só Modesto Hermida 105 se ten refido a ela coas seguintes

palabras:

É unha pequena noveliña en XI breves capítulos máis

un epílogo de menos de dez liñas, que trata dunha complexa

historia de amor, paixón, crimes non consumados, encontros

inesperados e arrepentimentos, e que acaba en suicidio. O tema

daría para unha novela de amplo texto, moi do gusto do folletín

romántico, de ter empleado o autor a súa presumible capacidade.

Nesta obra desmostra un bo dominio lingüístico, pero destapa

certas limitacións á hora de estructurar certos acontecementos

así como a existencia dos personaxes.

Sen querermos desbotar estas consideracións de Modesto Hermida,

gustaríanos matizalas debido a dúas circunstancias moi a ter en

conta no momento en que o autor de Sada escribiu esta novela. En primeiro

lugar, cómpre considerar que se trata dunha obra de xuventude

que Lugrís publicou cando só tiña 21 anos, e que constitúe a súa primeira

aproximación á creación literaria en lingua galega. Por outra

banda, debemos considerar o carácter pioneiro desta novela no eido da

narrativa monolingüe en galego, malia que existía o notable precedente

de Maxina ou a filla espúrea, publicada catro anos antes e escrita

con bastante anterioridade (1870), porque a obra de Marcial Valladares

é de carácter bilingüe e diglósico; os personaxes exprésanse en

galego ou en castelán en función da clase social á que pertencen. Carece,

xa que logo, dunha novela escrita integramente en galego que lle

sirva de guieiro. Se ben Lugrís foi afouto e arriscado durante toda a

súa vida, e especialmente na xuventude, debeu considerar que o “risco”

quedaba ben cuberto escribindo na súa primeira lingua, como para

ter que crear unha novela longa. Claro que esa vocación de reducir e

simplificar ao máximo é unha das principais eivas da novela; non profunda

na caracterización dos personaxes, non afonda nas descricións

e non introduce historias secundarias que transcorran paralelas á principal,

que era unha das características das novelas folletinescas. Nos

tres momentos climáticos, dos que xa falamos nas páxinas anteriores,

51

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!