Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ... Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

15.02.2015 Views

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire mo xeito que ocorrirá nalgunha obra posterior como Prediución, de Heraclio Pérez Placer. Tamén está presente n’ O penedo do crime outro dos temas de longa tradición literaria, o fatum ou destino inexorable que persegue ao protagonista central da historia e que non é capaz de evitar. Neste caso é un fatum ligado ao topos, xa que ese penedo de Corbeiroa, “o penedo do crime”, do que Manuel se salvara nada máis nacer, e no que máis tarde será gravemente ferido na pelexa con Alixandre, resulta ser o lugar no que se consuma a traxedia final. Tampouco pode Lugrís Freire evitar a temática amorosa, na liña romántica, nun momento no que as novelas folletinescas estaban en pleno auxe. Neste caso trátase duns amores desgraciados, nos que os amantes teñen que loitar contra o impedimento dun Mingos autoritario que ameaza “que che se borre tal capricho, pois queiras non queiras has de facer o que che mando”, e que lle quere impoñer a Rosa unha relación co seu sobriño Alixandre, algo ao que se opón a rapaza coas seguintes afirmacións, nas que defende o sentimento fronte á razón: Meu tío, e se o meu corazón non quer a ese home ¿teño que baixar a cabeza e ademitilo por meu eterno compañeiro, teño que ir diante dos altares a mentir, cometendo un crime. 2.1.5. Recepción crítica. Non temos noticias de que O penedo do crime fose obxecto de comentarios na prensa da época nin na poserior á súa publicación. Nin as historias da literatura galega nin os dicionarios de autores se fixeron eco desta novela de Lugrís Freire. Entre as moitas razóns que poden explicar este esquecemento do texto, consideramos que a de máis peso foi o descoñecemento por non existir unha edición 105 En Narrativa galega: tempo do Rexurdimento, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Universitaria, 1995, p. 136. 50

Xabier Campos Villar da obra en libro, o que favoreceu que permanecese durante tantos anos recluída e agochada nas varias hemerotecas que no país e en América gardaban exemplares de El Eco de Galicia nos seus fondos. Tan só Modesto Hermida 105 se ten refido a ela coas seguintes palabras: É unha pequena noveliña en XI breves capítulos máis un epílogo de menos de dez liñas, que trata dunha complexa historia de amor, paixón, crimes non consumados, encontros inesperados e arrepentimentos, e que acaba en suicidio. O tema daría para unha novela de amplo texto, moi do gusto do folletín romántico, de ter empleado o autor a súa presumible capacidade. Nesta obra desmostra un bo dominio lingüístico, pero destapa certas limitacións á hora de estructurar certos acontecementos así como a existencia dos personaxes. Sen querermos desbotar estas consideracións de Modesto Hermida, gustaríanos matizalas debido a dúas circunstancias moi a ter en conta no momento en que o autor de Sada escribiu esta novela. En primeiro lugar, cómpre considerar que se trata dunha obra de xuventude que Lugrís publicou cando só tiña 21 anos, e que constitúe a súa primeira aproximación á creación literaria en lingua galega. Por outra banda, debemos considerar o carácter pioneiro desta novela no eido da narrativa monolingüe en galego, malia que existía o notable precedente de Maxina ou a filla espúrea, publicada catro anos antes e escrita con bastante anterioridade (1870), porque a obra de Marcial Valladares é de carácter bilingüe e diglósico; os personaxes exprésanse en galego ou en castelán en función da clase social á que pertencen. Carece, xa que logo, dunha novela escrita integramente en galego que lle sirva de guieiro. Se ben Lugrís foi afouto e arriscado durante toda a súa vida, e especialmente na xuventude, debeu considerar que o “risco” quedaba ben cuberto escribindo na súa primeira lingua, como para ter que crear unha novela longa. Claro que esa vocación de reducir e simplificar ao máximo é unha das principais eivas da novela; non profunda na caracterización dos personaxes, non afonda nas descricións e non introduce historias secundarias que transcorran paralelas á principal, que era unha das características das novelas folletinescas. Nos tres momentos climáticos, dos que xa falamos nas páxinas anteriores, 51

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

mo xeito que ocorrirá nalgunha obra posterior como Prediución, de

Heraclio Pérez Placer.

Tamén está presente n’ O penedo do crime outro dos temas de

longa tradición literaria, o fatum ou destino inexorable que persegue

ao protagonista central da historia e que non é capaz de evitar. Neste

caso é un fatum ligado ao topos, xa que ese penedo de Corbeiroa, “o

penedo do crime”, do que Manuel se salvara nada máis nacer, e no que

máis tarde será gravemente ferido na pelexa con Alixandre, resulta ser

o lugar no que se consuma a traxedia final.

Tampouco pode Lugrís Freire evitar a temática amorosa, na

liña romántica, nun momento no que as novelas folletinescas estaban

en pleno auxe. Neste caso trátase duns amores desgraciados, nos

que os amantes teñen que loitar contra o impedimento dun Mingos

autoritario que ameaza “que che se borre tal capricho, pois queiras

non queiras has de facer o que che mando”, e que lle quere impoñer

a Rosa unha relación co seu sobriño Alixandre, algo ao que se opón

a rapaza coas seguintes afirmacións, nas que defende o sentimento

fronte á razón:

Meu tío, e se o meu corazón non quer a ese home

¿teño que baixar a cabeza e ademitilo por meu eterno compañeiro,

teño que ir diante dos altares a mentir, cometendo un crime.

2.1.5. Recepción crítica.

Non temos noticias de que O penedo do crime fose obxecto de

comentarios na prensa da época nin na poserior á súa publicación.

Nin as historias da literatura galega nin os dicionarios de autores se

fixeron eco desta novela de Lugrís Freire. Entre as moitas razóns

que poden explicar este esquecemento do texto, consideramos que

a de máis peso foi o descoñecemento por non existir unha edición

105

En Narrativa galega: tempo do Rexurdimento, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col.

Universitaria, 1995, p. 136.

50

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!