15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Unha descrición a través da comparación característica dos

relatos de transmisión oral. Pola contra, de Manuel só se di que “era

trigueño, de ollos mouros e gachos”. En canto ao carácter, é máis

arriscado Manuel que Rosa; segue acudindo á casa dela para manter

viva a relación, malia a oposición de Mingos e Alixandre, e mesmo

chega a propoñerlle solucións alternativas para poderen consumar

o seu amor.

Outros personaxes secundarios son Alixandre, o sobriño de Mingos

que fire a Manuel nunha pelexa polos amores de Rosa, e dous

veciños, Farruco e Bastián, que auxilian o ferido. Non temos datos

destes personaxes, só podemos deducir a través do seu comportamento

que Alixandre é prepotente e que está subordinado ás ordes do tío.

Unha das características comúns a tódolos personaxes é a intuición.

Nun certo momento todos intúen o que lles vai pasar no futuro:

cando saen da casa Xuana e Mingos con Manuel, aínda recén nado,

ela imaxina que algo malo vai acontecer; cada vez que Mingos ve o

penedo de Corbeiroa pensa que alí estará a súa fin; cando Manuel visita

a Rosa cre que Mingos os vai descubir, como así ocorre; cada vez

que Marica conversa con ou sobre Manuel intúe que pode tratarse do

seu fillo, e o mesmo lle ocorre a el.

2.1.4. A temática.

En canto á temática, certamente, Lugrís non é novidoso con respecto

á tradición literaria, de feito, a orixe descoñecida, a busca do

pai e a loita contra un adversario descoñecido son motivos recorrentes

da literatura universal. Na narrativa galega existía o precedente

de Maxina ou a filla espúrea, e este tema, a busca do pai por parte

dunha persoa de orixe descoñecida ten un importante arraigo en todas

as mitoloxías. En boa parte dos casos existe un enfrontamento entre

familiares que non se coñecen, como é o caso de O penedo do crime,

con Mingos e Manuel, pai e fillo que descoñecían tal condición.

A anagnórise prodúcese cando o fillo está ferido de morte, do mes-

49

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!