15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

transcendentais. Hai un espazo común para os tres momentos climáticos,

os penedos de Corbeiroa. É neste lugar onde Xuana finxe tirar o

recén nado Manuel ao mar, por imposición de Mingos; onde pelexan

Manuel e Alixandre polos amores de Rosa; e tamén onde se suicida

Mingos, despois de exclamar: “¡Dios! ¡Perdón! Aquí comenzaron os

meus crimes, aquí finarán tamén”, conseguindo así configurar unha

estrutura pechada para a novela. Corbeiroa, por outra banda, aboia

constantemente nos pensamentos de Mingos; cando conversa con

Marica despois de lle tentar impor a Rosa a relación con Alixandre,

expresa o narrador o seguinte:

O señor Mingos comenzou a tembrar lixeiramente:

abreu a ventana e púxose a contemprar o hourizonte. Entre a

brétema que envolvía os ribazos de Corbeiroa acababa de ver o

penedo que xa conocemos, aquel penedo donde mandou afogar

o froito dos seus amores con Marica.

Cerrou de novo a ventana e deixouse caer nunha silla

acochando a cara coas maus, preso dos máis feros remordimentos.

Aquel penedo acusaba mudamente un pasado crime, e decíalle a

súa concencia estas palabras “Acórdate, miserabre, acórdate”.

Cando no capítulo IX Mingos felicita ao seu sobriño pola pelexa

con Manuel, reaparece de novo o penedo:

— ¡Será posibre! excramou con fala de agonizante,

— ¡O mesmo sitio!. ¡Meu fillo!...

— ¡Ese Manuel vai ser a miña morte. ¡Sempre

ese penedo!

Aquel penedo era o terco xués que acusaba os seus

crimes pasados.

2.1.3. Os personaxes.

O penedo do crime contén un reducido número de personaxes

que carecen da suficiente entidade como para seren tratados en detalle

e nos que Lugrís profundizou moi pouco psicoloxicamente. Os

tres primeiros que aparecen na acción son Marica, Xuana e Mingos,

47

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!