15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

O capítulo IX, que trancorre ao día seguinte da pelexa de Manuel

e Alixandre, recolle as reaccións dos diferentes personaxes diante destes

feitos e tamén unha conversa de Mingos co seu sobriño na que loa

a “fazaña” deste.

Asistimos a unha nova elipse entre o capítulo IX e o X, xa que

este comeza coa melloría de Manuel “ós oito días de gardar cama”.

Prodúcese nel unha conversa entre Manuel e Marica, que serve para

demostrar o progresivo amor materno que ela sente por el.

O derradeiro capítulo, culminante de toda a acción, ábrese cunha

nova precisión temporal e climatolóxica:

Facía unha noite de vrao; a lúa brilaba, cal si fora pandeiro

prateado, no fondo dun ceo azul-mouro vertendo as guedellas

de lus que ó caír no mar, figuraban mil difrentes pantasmas

que as maregadas mudaban decote co seu mover mainiño e

desordenado. As arrás cantaban nas barranqueiras facendo

estrana harmunía co meloso cò cò dos sapos; e o vento abaneaba

os árbores facéndolles desprender cheiros máis ledos, que

espertaban no peito sentimentos vagos e tenros.

Esta triple descrición sensorial, a través da vista, o oído e o olfato,

unida á comparación coa Cintra de Camões, contribúen a crear un

ambiente melancólico e paradisíaco que contrasta cos sentimentos dos

protagonistas: “Sempre a Natureza indica o ruvés do que o noso corazón

sinte!”. No momento en que se produce o encontro entre os dous

amantes, ten lugar tamén a anagnórise final na que Marica e Mingos

recoñecen en Manuel ao seu fillo, xusto despois de que Mingos lle disparase

feríndoo de morte. O final chega coa loucura de Marica e co

suicidio de Mingos en Corbeiroa. No apéndice final, coméntanse os

últimos anos de Marica e a vida de Rosa dende que lle asasinaran o

seu namorado.

O espazo no que trancorre O penedo do crime ten referente real,

xa que todos os topónimos que se mencionan ao longo da obra existen

e están situados na comarca das Mariñas. Trátase dun espazo eminentemente

rural e exterior. En espazos interiores só se produce o parto

de Marica e algunha conversa desta con Xuana ou con Rosa, que,

se ben son importantes no desenvolvemento da obra, non chegan a ser

46

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!