15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Un lóstrego alumou de súpeto o desencaixado carís

do home aquil. A lúa cubreuse novamente de nubes, e o trono

deixou ouvir o seu ronco bruído como si fora a fala de Dios que

reprendía aquil crime.

Unha narración que emula o relato bíblico da morte de Cristo.

No capítulo III prodúcese a única analepse de O penedo do crime,

trátase do relato dos antecedentes de Marica e Mingos; a orfandade

común, o namoramento de ambos, o engano, o embarazo non

desexado, etc. Desa elipse que queda sen cubrir, o único dato que

nos achega o narrador é o casamento de Marica e Mingos, así como

os remorsos do pasado que os abouban e a nostalxia do fillo que cren

perdido.

O capítulo V comeza cunha nova precisión temporal:

Era a hora da lusque-fusque dun día triste de Outono;

dun deses días melancónicos en que se xuntan na testa tódalas

lembranzas do pasado misturadas coas esperanzas do porvir.

Neste ambiente conversan Marica e Xuana sobre os posibles herdeiros

do matrimonio, e aparecen por primeira vez, neste caso só citados,

os nomes de Manuel e Rosa, que á fin serán os dous adolescentes

protagonistas centrais da novela. A profundización descritiva destes

dous personaxes chega no capítulo seguinte, no que o narrador fai

uso dunha imprecisión temporal para comentar os amores de Manuel

e Rosa: “había algún tempo que se viran nun campón”.

Os capítulos V, VI, VII e VIII transcorren nun mesmo día, o ritmo

da novela ralentízase de feito que o tempo da historia avanza máis

lentamente que o tempo do discurso, algo que chegan a percibir os

propios personaxes; “cada minuto que corría parecíalle un sígalo” é a

sensación de Rosa mentres agarda a visita do seu amado. Nestes episodios

prodúcese a oposición de Mingos a que Rosa continúe a súa

relación con Manuel, o que provoca o desconsolo da rapaza, a tentativa

de impoñerlle como parella ao seu sobriño Alixandre, que ela rexeita,

e o enfrontamento entre os dous pretendentes masculinos, que

tamén ocorre aproveitando a escuridade da noite nas ribeiras de Corbeiroa,

e que supón o segundo dos momentos climáticos da novela.

45

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!