15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

cando expresa que “A rapaza roxiña daba de vez en cando dooridos

ais, arrincados polo fero dor que debía sentir”. Estes momentos de

dúbida revisten o narrador de credibilidade e, en boa medida, funcionan

como operadores realistas 96 .

Son numerosas as ocasións nas que a voz do autor implícito

representado aboia na novela superando ao narrador omnisciente.

Esta instancia narrativa, marcada pola primeira persoa, diríxese e

mesmo “leva da man” ao que a Estética da Recepción deu en chamar

lector implícito, e proponlle a este uns modos de lectura determinados.

Estas intervencións do autor implícito cumpren varias funcións

que, a seguir, tentamos clasificar:

— Alusión a personaxes, situacións ou paisaxes xa referidas con

anterioridade. É o caso das seguintes:

Xuana e o seu compañeiro que xa conocemos 97 .

Entre a brétema que envolvía os ribazos de Corbeiroa

acababa de ver o penedo que xa conocemos... 98 .

— Comentario de certas peculiaridades formais da obra, a través

do que cumpre unha función metanarrativa, por medio da que lle indica

ao lector en qué punto da novela se atopa, ademais de se referir á

estrutura da obra. Cumpren esta función os fragmentos que seguen:

É menester que antes de entrar de cheo no texido da

verdadeira estoria que escribo, diga algo dos personaxes que xa

dei a conocer, anque incompretamente 99 .

Sucedendo o que xa deixo escrito nos dous pormeiros

capítalos que podemos chamar prólogo diste pequeno traballo 100 .

— Noutros casos, este desvío da voz narradora cara ao autor

implícito representado serve para conducir a atención do lector ata

97

Capítulo II.

98

Capítulo V.

99

Capítulo III.

100

Capítulo III.

101

Capítulo IV.

102

Capítulo IX.

42

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!