15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

hai un embarazo non desexado e, nas dúas, o momento climático prodúcese

co descubrimento das orixes dos protagonistas.

2.1.1. Modalización narrativa.

A modalización narrativa que preside a novela é a omnisciencia

autorial, ou editorial, empregando a terminoloxía de N. Friedman 95 .

Un narrador que, en ocasións, deixa intervir os personaxes, para que

estes relaten, brevemente, en primeira persoa feitos do pasado, como

por exemplo a conversa que Manuel ten con Marica antes de descubrir

que era ela a súa nai:

— ¡Ai! ¡Non me chame así! eu non conocín á miña

nai, e eses verbes fírenme o corazón. Non tuven nunca o pracer

de apreixar nos meus brazos a muller que me dou o ser: dera o

mundo enteiro por conocela; morrería eu tranquilo si nas agonías

sentira os seus lábeos na miña testa; si ouvira as súas palabras

de amor naiciño. Un fillo sin nai é un ser desgraciado que

en medio das máis tales alegrías sempre sinte a lima roedora das

esperanzas, desa nostalxia do aleixamento da dicha. Un fillo sin

nai vive como un desterrado do paradiso, como unha frol que,

nacida nunha cova, busca decote a lus do sol, morrendo por fin

muscha e páleda antes de tempo.

— Si señora, —sigueu decindo Manuel;— este peito

foi sempre unha hucha de fondos doores, de esperanzas sin hourizonte.

Non chegaba tal martirio, e Dios doume outro que acabou

de encher a cunca das amarguras. Namoreime de Rosiña e

xa vosté sabe qué amores tan disgraciados se van volvendo.

Aínda que na novela o narrador é omnisciente, permítese ás

veces dubidar, coma no caso da afirmación “deberían de ser mariñeiros”,

ante a contemplación dunhas luces nun areal de Sada no capítulo

I. Tamén neste mesmo capítulo queda en entredito a omnisciencia

96

Segundo a terminoloxía de Roland Barthes, “Introducción al análisis estructural del

relato”, en R. Barthes et al., Análisis estructural del relato, Buenos Aires: Editorial Tiempo

Contemporáneo, Serie Comunicaciones, 1996, pp. 1–27.

41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!