15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

VIII, o IX e o X completos. Finalmente, para o 28 de decembro reservou

o capítulo XI e o epílogo. Como se pode observar, o único capítulo

que se publica seccionado en dúas entregas é o VIII. De todas formas,

a ausencia dun espazo fixo para a novela no xornal de Álvarez

Ínsua, así como a publicación en datas alternas, levan a pensar que non

se concibiu a obra como un folletín coleccionable.

Relacionado co deseño editorial, temos o que Gérard Genette 94

definiu como paratextos; o título, subtítulo, epílogo e notas, que na

novela que nos ocupa cumpren unha función moi importante pola

información que nos achegan. O título, O penedo do crime, infórmanos

do carácter tráxico da novela e do punto concreto no que esa traxedia

se consuma, o penedo de Corbeiroa. O subtítulo, “Lenda das

Mariñas” infórmanos do carácter lendario, debedor, xa que logo, da

tradición oral e da transmisión de xeración en xeración, carácter que

se confirma no epílogo coa seguinte afirmación do narrador: “Según

conta a lenda do pobo...” Isto podería levarnos a pensar nunha obra

fenoménica, na que o principal motivo para a súa creación fose a recolla

e fixación por escrito dunha versión desta lenda popular, sen

embargo, despois de realizarmos a lectura, debemos interpretar este

carácter lendario como un elemento do que botou man Lugrís para

dotar a novela dunha certa verosimilitude. Por outra banda, este subtítulo

circunscribe espacialmente a novela na comarca coruñesa das

Mariñas; de feito, moitos topónimos desa comarca (Sada, Lagoa,

Oucés e Samoedo) atópanse nela. Con respecto ao breve epílogo co

que se pecha O penedo do crime, cumpre a función de explicar o futuro

dos personaxes despois de se ter desenvolvido a historia principal.

Ao contrario do que ocorría con Maxina ou a filla espúrea, a

obra é monolingüe en galego, característica que consideramos xustificada

pola presenza de personaxes de similar clase social e por pertenceren

todos eles ao medio rural. Malia a que neste trazo se opón á

novela de Marcial Valladares, detectamos outras características coincidentes,

xa que en ambas as dúas obras hai unha historia de amor

entre dous adolescentes con pasados problemáticos ou descoñecidos,

95

“Point of view. The Development of a Critical Concept”, PMLA, vol. LXX, 1995, pp.

1160–1184.

40

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!