15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

na. A enfermidade tamén será o motivo alegado por Lugrís para

renunciar a este cargo, dezaseis meses despois de o ter alcanzado.

O feito máis sobranceiro do seu curto mandato foi a inauguración do

monumento a Curros Enríquez na cidade da Coruña, que contou coa

asistencia de numerosas personalidades, entre as que se atopaba o presidente

da República. Neste acto Lugrís pronunciou un discurso

gabando a Curros. No 1935 publicou a edición de Queixumes dos

pinos y poesías inéditas de Eduardo Pondal.

A guerra civil, na que estiveron mobilizados dous dos fillos:

Urbano, incorporado ás tropas franquistas, e Secundino, daquela estudante

de Farmacia en Madrid, nas milicias republicanas, fanoulle definitivamente

o período de esperanzas aberto nos comezos da década.

Unido isto á cada vez máis feble saúde, provocaron que Lugrís se

recluíse na súa casa coruñesa, no número 200-202 da rúa de San

Andrés. Alí, xunto coa súa esposa Pura, mestra de música, escoitará

estremecido os disparos, posiblemente fusilamentos, que procedían da

praia cercana. Atopaba certo consolo, tan só, nas melodías que lle

interpretaba dona Pura ao piano, especialmente a “Negra Sombra” 88 .

Son poucos os testemuños escritos que aluden ao pesimismo no

que o galeguista de Sada viviu os últimos anos, esquencido de todos.

O primeiro deles chéganos da pluma de Otero Pedrayo naquela lembranza

que lle dedica en O libro dos amigos 89 :

“Tiña de ser un home da xenerosa terra ourensán, do

viño e das pavías quen me viñera a visitar... pois xa nin en Sada

se lembran de min!” díxome con fonda vos, dende o leito (...)

Sempre o coñecín de vello. De un xénero de velleza

como o dos carballos decotados en boas lúas. Poucos homes

espallaban unha sensación semellante con forza tranquía. Poucos

viviron ca sinxeleza e poder de Lugrís os grandes mitos do

Oicidente e do mar.(...)

88

Segundo nos informou Manuel Lugrís Rodríguez, nos últimos tempos dona Pura suprimiu

este tema do seu repertorio porque lle producía unha profunda emoción ao seu home.

89

Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1953, pp. 95-96.

90

“Lugris, oratória e teatro”, en Agália, nº 23, outono 1990, pp. 313–317.

35

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!