15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Nos últimos anos da década dos 20, realizou Lugrís Freire unha

importante actividade social e política: asistiu aos ingresos de Risco e

Otero Pedrayo na Real Academia Galega, pronunciou discursos e participou

nas asembleas das Irmandades, ademais de elaborar o programa

do Partido Autonomista Republicano Agrario para a campaña de

1930, ata que ingresou no Partido Galeguista en 1931.

Coa chegada da IIª República abríase para Lugrís un tempo de

anovadas esperanzas aos sesenta e oito anos de idade, xa que a anterior

experiencia republicana collérao cando aínda era un neno 86 .

Segundo nos ten manifestado Manuel Lugrís Rodríguez, a noite anterior

á proclamación da República acudiu o noso autor, na compaña

dun tendeiro amigo, Luís Suárez, a colocar a bandeira tricolor no Concello

da Coruña. Ademais deste feito anecdótico, foi Lugrís un dos

principais promotores da Federación Republicana Gallega e participou

activamente na redacción dos Estatutos do Partido Galeguista.

Formou parte da comisión encargada de redactar o anteproxecto de

Estatuto de Autonomía de 1932 e tamén se encargou do proxecto estatutario

definitivo, xunto con Alexandre Bóveda. Temos noticia da súa

participación, nesta época, en mitins do Partido Galeguista celebrados

no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e en San Tirso de Mabegondo,

compartindo tribuna con persoeiros como Castelao.

O vinte e oito de abril de 1934 accede á presidencia da RAG 87 ,

despois da renuncia, por enfermidade, do anterior presidente, Eladio

Rodríguez González, e nun momento no que esta institución atravesaba

unha etapa de crise económica, logo de iren minguando progresivamente

as remesas de diñeiro enviadas dende a emigración america-

87

Está recollida por extenso esta información no Boletín de la Real Academia Gallega,

Ano XXIX, nº 253, 1 de xuño de 1934, pp. 1-2. Afírmase aquí que era oportuno o nomeamento:

“en momentos en que la Academia necesita, como nunca, tener al frente a una

personalidad que a sus méritos literarios, a sus reconocidos prestigios, añada el entusiasmo

fervoroso por la vitalización de nuestra labor corporativa.

Lugrís Freire, el venerable patriota, merecía este tributo de admiración y afecto, que sus

compañeros le han ofrendado. (...) Una carrera de hombre honesto, laborioso, encendido

en pura emoción, que desde los años jóvenes de emigrado aprendió a ponderar el valor

inmanente de nuestro suelo y nuestra raza.”

34

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!