15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

considera “prototipo da raza artábrica” e o “home máis baril” e de

“corpo cumprido de Galicia”. Afirma Lugrís que “o bardo galego tiña

a beleza dos homes fortes, dos homes superiores, das xentes de Bergantiños,

que endexamais conosceran a servidume, nos tempos protoplasmáticos

da nosa historia...”. Conclúe cunha breve referencia ao

proceso creador da poesía pondaliana.

Un ano despois, a 27 de novembro, pronuncia outro discurso no

Teatro Rosalía de Castro da Coruña, homenaxe da Real Academia

Gallega a Luis de Camões co gallo do cuarto centenario do nacemento

do autor luso. Con Lugrís Freire participaron o por entón presidente da

RAG, Ponte y Blanco, o cónsul de Portugal e o Marqués de Figueroa.

Ademais da intervención de rigor, Lugrís dá lectura ao poema de Pondal

titulado “A fala”. 81 No discurso, o autor de Sada fai unha defensa

das raiceiras celtas comúns a Galiza e a Portugal, e tamén reivindica a

orixe galega dos devanceiros de Luis de Camões, en concreto no nobre

galego “Vasco Péres de Caamaño”, que tiña “as suas terras e castelo na

marxe dereita do mais celta dos nosos ríos, o Tambre”. De seguido,

valora tanto a épica como a lírica do autor de Os Lusiadas, e considera

que esta obra é “un moimento clásico e modelo da nosa literatura”.

Neste mesmo 1924, traduciu ao galego os títulos dunha adaptación

cinematográfica da zarzuela Maruxa, de Amadeo Vives e Luis Pascual

Frutos.

O 14 de marzo de 1926 participa nos actos literarios do Seminario

de Estudos Galegos cos que esta institución pretendía homenaxear o

incansable traballo de Carolina Michaëlis de Vasconcellos, e que servirán

tamén para o ingreso no SEG de Ramón Cabanillas, Antonio Noriega

Varela, Gonzalo López Abente e Victoriano Taibo, catro dos poetas máis

representativos daquel tempo. Segundo a información que tiramos da

revista Nós 82 : “O Sr. Lugrís, n-un discurso valente, e cheo d’antusiasmo,

fixo un estudo sintético da obra da Sra. Vasconcellos, en todol-os seus

aspeutos, e saudou con verbas accesas a renacencia galega”.

81

Está recollida unha ampla información sobre este acto no Boletín de la Real Academia

Gallega, nº 166, Ano XIX, 1 de decembro de 1924, pp. 258-272.

82

Nº 28, Ano VIII, 15 maio 1926, p. 13.

83

A Cruña: Zincke Hermanos, 1927, 111 pp.

32

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!