15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Esta gramática está estruturada en cinco partes fundamentais:

“Fonética”, “Morfoloxía”, “Sintaxis”, “Aditamentos” e “Mostras literarias”.

Neste último apartado inclúe textos de Florencio Vaamonde,

Uxío Carré Aldao, Manuel Murguía, Asieumedre, Alfonso R. Castelao,

Rosalía Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Salvador Golpe,

Urbano González Varela, Ramón Cabanillas, Evaristo Martelo

Paumán, ademais de “Cantares do pobo” e un “Vocabulario galegocastelán”.

A obra, pioneira no seu xénero ao ser redactada na lingua

do país, suscitou opinións contrapostas entre os literatos galegos. Así,

os máis novos, amosábanse excépticos, como podemos comprobar nas

seguintes palabras de Victoriano Taibo nunha carta a Manuel Antonio:

“Convén enterar–se de isa gramática anque non seja mais que pra

facel–o contrario do que manda, dispon e ordena, pois ista feita en

imperativo burtalmente salvaje” 78 . Afirmacións que ratifica meses despois

o poeta rianxeiro do seguinte xeito: “Xa tiven ocasión de ver o

esperpento gramatical de Lugris: cousa para ler antre páxia e páxia de

Ortíz Novo prestando variedade á leitura sin perda d’a unidade cómica.

Así se fai patria!” 79 . Porén, no ano 1931, Antón Villar Ponte loa a

aparición da segunda edición da obra coas seguintes palabras: “Lugrís

Freire (...) hoxe nos ofrece unha nova edición da súa gabada Gramática

do idioma galego que tódolos bos patriotas temos que acoller con

fonda simpatía”.

En 1923 ingresa como socio correspondente no Seminario de

Estudos Galegos e pronuncia o seu discurso o 20 de novembro do

mesmo ano, discurso que versa sobre a figura de Eduardo Pondal 80 .

Nel achéganos unha lírica descrición do poeta de Ponteceso, a quen

78

Este fragmento atópase nunha carta que ten data de mataselos do 9 de xullo de 1922 e

na que Victoriano Taibo agradece a Manuel Antonio o envío do manifesto ¡Máis alá!.

Entre outros ataques ao autor de Sada, destaca o seguinte: “A Nosa Terra” lle non pareceu

ben o que tí dís e brua e retorcese que da genio. A cousa istá en que agora andan dirigidos

polo gramático Lugrís Freire que entre outros descubrementos fixo o da cuarta conjugaçon

que remata en on e non se pode conjugare”. Manoel Antonio, Correspondencia,

edición, limiar e notas de Domingo García–Sabell, Vigo: Galaxia, 1979, p. 177.

79

Ibidem, p. 198.

80

Está recollida unha parte en Iconografía pondaliá, “Retratos literarios de Pondal”,

A Cruña: Publicaciós da Real Academia Gallega, 1965.

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!