15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

e o Conservatorio Nazonal de Arte Galega, que fundarán os membros

da Irmandade da Fala coruñesa en 1919. Publica O pazo 74 , obra estreada

en Vigo o 21 de abril do mesmo ano pola Agrupación Artística de

Vigo. Segundo a nota previa do autor, a peza está situada na época

contemporánea nas Mariñas de Sada, “é un ensaio do teatro da Natureza,

e pódese representar nun souto que teña as condiciós que o movimento

escénico requere”. Dous anos máis tarde dá ao prelo a súa

derradeira peza teatral, Estadeíña 75 , título que segue na liña da comedia

iniciada con O pazo.

Ademais de Estadeíña tamén publica en 1919 o seu terceiro

volume poético, Versos de loita 76 , un conxunto de vinte e tres poemas,

moitos deles dados a coñecer anteriormente na prensa da época. Predomina

o contido social e reivindicativo, o celtismo e o chamamento

á loita, expresado nun ton mesiánico.

No 1922 publícase a Gramática do Idioma Galego 77 , obra precedida

dun prólogo titulado “Unhas palabras do autor”, que comeza cunha

referencia a Rosalía, Curros, Lamas Carvajal e Pondal, como os grandes

poetas que conseguiron “demostrar que o idioma galego era o único

medio natural e propio para dar a conoscer as arelas do noso espíritu”. A

seguir, refírese á necesidade de semellante obra porque “pasados aqueles

días de gloria excentilante, outros escritores, sin faceren siquera un exame

do que debían ter como modelos literarios e lingüísticos, comenzaron

a empregar a nosa fala cun desconoscemento compreto das súas leises

fonolóxicas e gramaticás. Unha verdadeira anarquía noxenta produxeron

dentro das nosa letras”. Con tales palabras, fai referencia aos traballos

gramaticais que o precederan e asume a grande responsabilidade

que lle supón este. Remata o libro coa seguinte afirmación:

Inda que moitos o non crean, teño a seguranza de que

a fala gallega —máis que a raza, máis que o propio chan— é o

refrexo da nosa alma, o factor estático mais esgrevio, o espello do

noso ethnos, a hostia sagra coa que os “bos e xenerosos” comulgarán

decote no altar da Terra, coa cobiza de a ver grande e libre.

76

A Cruña: ¡Terra A Nosa!, Suplemento de El Noroeste, Volume 13, 10 de xullo de 1919, 47 pp.

77

Reeditada, corrixida e aumentada no 1931, A Cruña: Imprenta Moret, 187 pp.

30

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!