15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

nesa primeira reunión os irmáns Carré Aldao, Rodrigo Sanz, Francisco

Tettamancy, Lois Porteiro Garea e Manuel Banet Fontenla, entre

outros. O autor de Sada apoiou dende os primeiros momentos este

emerxente nacionalismo e participou xa en 1917 nas asembleas de

Lugo e Santiago, ademais de escribir o seguinte himno 70 , que pasa por

ser o orixinario das Irmandades da Fala:

Na fala gallega vive

a ialma da nosa terra;

a redención de Galicia

nos seus acentos latexa.

Pobo que o seu verbo esquece

é traidor á natureza;

como irmáns todos falemos

a noble fala gallega.

Nos anos posteriores, seguirá moi vencellado a esta organización,

ocupando o cargo de vogal do Consello da Irmandade coruñesa e impartindo

un curso de lingua galega para os membros das Irmandades todos

os martes e xoves, tarefa que, sumada ao seu anterior traballo a prol do

idioma, valeulle o nomeamento como “Mestre da Fala”. Outra vía de

relación coas Irmandades é a través da refundada revista A Nosa Terra,

convertida agora en “Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas

colonias gallegas d’América e Portugal”, coa que colaborará por medio

da publicación de relatos inéditos e coa reprodución doutros xa publicados

na primeira etapa deste semanario coruñés. Figura ademais no primeiro

número 71 na ampla nómina de “Redautores e colaboradores”. Neste

xornal 72 déixase constancia da súa participación nun “auto galeguista”

celebrado en Ferrol o 11 de febreiro de 1917, no “Salón Amboage”, xunto

cos irmáns Villar Ponte, Francisco Tettamancy, Rodríguez González e

outros. Ademais de formar parte da presidencia do acto, intervén como

orador, dando lugar ás seguintes consideracións do anónimo informador:

Discurso fermosísimo, que eleutrizou ós ouventes,

mais difícile que do que ninguén se fai dare unha síntesis.

71

14 de novembro de 1916, p. 5.

72

A Nosa Terra, nº 10, 16 de febreiro de 1917, pp. 1-5.

28

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!