15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

pairo, comenzaron unha longa conversa, en que se contaron tódolos

aldraxes de que eran obxeto polas acucias do Larato, que era quen

xuntaba, encirrando como a cans, a tódolos nenos mal criados, contra

dos tres xorobados.

—Fai tempo —dixo solenemente Pedro o escolante,— que eu

tiña deseios de vos falar desto, coa fin de nos poñer dacordo para castigar

no Larato tódalas xudiadas que sofrimos. Como nesta vila, por

ser pequena, non hai policía, e as autoridades non teñen idea da súa

misión, nós estamos á mercede dos mal criados, dos faltos de corazón,

dos malos cristiáns que en vez de piedade e compasión solo teñen

aldraxes pra os leixados da fortuna. A nosa defensa e redención está

en nós mismos. Un xorobado, por si só, val pouco; dous, postos de

espalda un para o outro, gardan a súa imperfeición e dan cara a un

home; e tres, coma nós, podemos dar conta do Larato, e facer, deste

xeito, un xusto escarmento que deixe lembranza por moito tempo.

E postos dacordo, apostáronse unha noite na ponte, preto da casa

onde tunaba o Larato. Este saeu, e ao ver aos tres xorobados fixo deles

bulra, dicíndolles:

—Seique agardades polo trasno. Vaia, ho, que mesmo parecedes

os cabezudos de Betanzos ollando por un vidro de disimulación.

—Agarda un pouco, Laratiño; e xa verás como che van saír

xorobetas na testa, que mesmo te has de lamber de gusto.

E os tres eivados, cada un con seu pau de toxo, moi xeitosiños,

caeron sobre do Larato e mallaron nel hasta que o deixaron

esmendrellado.

Desde entón os tres xorobados paseaban polas rúas de Sada,

pamperamente, ollando a tódolos badulaques que dinantes os aldraxaran,

con certo aquel de superioridade, ben demostrado no lombo

do Larato.

¡O milagre foi feito polo sentimento de solidaridade!

270

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!