15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Nelas viñan os calls da tribu de Breogán, os fillos do mar, dende

as terras da Atlántida, onde eisistía a podente e xa adiantada cidade

de Tartesiábriga.

Acodastáronse na baixa costa de Adormideiras, primeiro peirao

da nosa civilización, e rubiron ao cume dun outo monte, onde máis

tarde Hércules e Xerión habían de loitar erguendo despois un moimento

en lembranza do feito.

As druidesas axionlláronse, os bardos entoaron a cantiga da raza.

Brigo, envolto na súa branca túnica de liño, coa segur de ouro, acadou

mórdago e loureiro, que regou coa auga lustral que xacía nas covancas

dos espidos penedos. O primeiro lubre da Terra Nai quedou estabrecido,

e nas laxes de Hermes puxeron a sagra inscripción, hoxe chamada

rupestre.

Entón Brigo falou así:

—Sombra sin nome que deche principio á vida, que moves as

augas do longo mar e pendurache as estrelas nos ceos inmortaes, gracias

che sean donadas polos fillos de Breogán, por nos deixares facer

nosa esta ridente terra.

E despois de pregar en compaña da tribu, quedou esmorecido

nun fondo soño, e a través das escuras brétemas da noite, ollou as

terras do norte, as do nordeste, bañadas polo mar, as do sur ata a foz

dun grande e fondo río, que viña de terras non conoscidas, todas elas

de costas verdecentes e inzadas de rumorosos pinos.

A druidesa Cambria, feito o rito da adiviñación, falou desta

maneira:

— Brigo, pai e señor dos calls, xa tiveche a visión das terras que

os teus fillos teñen de poboar. Un vello sino tennos dito que este pobo

será, no intre de moitos séculos, aldraxado e perseguido, mais esta

pedra, en que ti pousas a túa cabeza, será o sagro Altar dos grandes

destinos da raza, que, eternamente vencida, será eternamente dominadora

pola súa altísima intelixencia, e pola súa alma forte, unxida en

soidades infindas.

E o primeiro alalá, en sinal de oración pola Nai Terra, rompeu o

silencio daquela morna noite de maio.

268

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!