15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

LENDA DE BRIGO 270

Aínda as terras de Galicia adormían o sono das cousas que acababan

de se faceren, envolta nunha vestimenta marabillosa de piñeiros,

toxos, silvas, fiúnchos e outras vexetacións vernánculas. O balbordo

do mar e os queixumes dos pinos “na costa verdecente” entoaban

a fonda cantiga de gabanzas á doce e ben doada fermosura das

veigas aínda virxes.

Trinta séculos tiña que camiñar a vida ata o nascimento do noso

señor Xesuscristo, cando foi chegada aquela noite de plenilunio no

mes do frorecido maio, que os bardos osiánicos tiñan de louvar e o rei

Milesio consagrar como aurora dos pobos celtas. As augas que cinguen

a penínsua de Hermes 271 (Cruña) tiñan pola banda do poente

ardentías feras, que facían tremar a terra, e polo ourente ondas esmorecedoras,

que mainamente bicaban os acantilados e metíanse nas furnas

en sinal de amoroso aloumiño.

Polo quenlle que separaba a costa firme da baixa illa nomeada

Hesperium 272 , que, pasados algús séculos, asolagaríase deixando

no seu lugar As Xacentes, víronse chegar nove barcas feitas de

coiro e vimbios, como naqueles lonxanos tempos se estilaban.

270

Publicada por primeira vez n’ A Nosa Terra, Ano VIII, nº 202, 1 de xullo de 1924, p. 4,

asinada por Manuel Lugrís Freire. Foi incluída posteriormente nun apéndice do poemario

Ardencias.

271

Deus grego, fillo de Zeus e Maia, a máis nova da Pléiades. Pasaba por ser o deus do

comercio e tamén do roubo, guiaba os camiñantes nos seus traxectos e estaba presente nas

encrucilladas dos camiños en forma de piar de pedra rematado por un busto.

272

Era este un dos nomes co que os gregos denominaban á Península Ibérica, por estar ao

oeste do seu mundo coñecido. Está relacionado con Hépero ou Véspero, o nome do planeta

que aparece ó oeste da posta do sol. Por extensión, aplicouse este nome a todo o occidente

europeo, dende o Adriático.

267

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!