Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ... Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

15.02.2015 Views

Xabier Campos Villar O PRIMEIRO CACIQUE 266 A Alfonso de Cal, meu amigo. Aló nun couto de Ruibeira 267 , preto do encantado río Mandeo 268 , e no tempo en que comenzaban a funcionar os nosos concellos, estaban en parlamento un fato de ladrós. Un deles, o máis vello, dicía: —Meus compañeiros, a nosa honrada profesión de aproveitados vai de mal en peor. Agora hai uns novos consellos e xusgados, no lugar das xurisdiciós, e pra que os nosos roubos sexan como Deus manda, temos que nos poñer dacordo con aqueles zumezugas da pruma. Ninguén de nós sabe ler nin escribir, e temos que furtar a xeito de raposo mariñán. ¿Non vos parece, meus quiridiños, que Xacobe de Porzomillos 269 , que é un ladrón de fino, e moi lido, debía entrar na nosa compaña O señor de Porzomillos, que hoxe vén a nos honrar coa súa visita, ten a palabra. —Eu —dixo Xacobe, o aludido— non teño incomenente de ser voso compañeiro. Conozo ben os segredos dos nosos concellos e xusgados, e coido que o negocio pra nós será de gran proveito se nos levamos e traballamos como irmáns. ¿Que proba queredes de min pra que eu sexa voso compañeiro —Moi pequena, abofellas. Por alí abaixo, naquela congostra que vai a Betanzos, está pasando o señor Chinto do Couto, que leva un 266 Publicado n’ A Nosa Terra, Ano VI, nº 157, 15 de febreiro de 1922, p. 5. Está asinado por Asieumedre. 267 É posible que se trate de Roibeira, unha aldea da parroquia de Brabío que está situada a un quilómetro de Betanzos. 268 Río da vertente atlántica que nace no Marco das Pías, en Sobrado dos Monxes. Despois de percorrer 52 quilómetros chega ao mar, formando a ría de Betanzos e dando orixe ao val das Mariñas. Celébrase nel a tradicional romaría betanceira dos Caneiros. 269 Aldea da parroquia de San Pedro de Porzomillos, no concello coruñés de Oza dos Ríos. 263

Xabier Campos Villar

O PRIMEIRO CACIQUE 266

A Alfonso de Cal, meu amigo.

Aló nun couto de Ruibeira 267 , preto do encantado río Mandeo 268 ,

e no tempo en que comenzaban a funcionar os nosos concellos, estaban

en parlamento un fato de ladrós. Un deles, o máis vello, dicía:

—Meus compañeiros, a nosa honrada profesión de aproveitados

vai de mal en peor. Agora hai uns novos consellos e xusgados, no

lugar das xurisdiciós, e pra que os nosos roubos sexan como Deus

manda, temos que nos poñer dacordo con aqueles zumezugas da pruma.

Ninguén de nós sabe ler nin escribir, e temos que furtar a xeito de

raposo mariñán. ¿Non vos parece, meus quiridiños, que Xacobe de

Porzomillos 269 , que é un ladrón de fino, e moi lido, debía entrar na

nosa compaña O señor de Porzomillos, que hoxe vén a nos honrar

coa súa visita, ten a palabra.

—Eu —dixo Xacobe, o aludido— non teño incomenente de ser

voso compañeiro. Conozo ben os segredos dos nosos concellos e xusgados,

e coido que o negocio pra nós será de gran proveito se nos levamos

e traballamos como irmáns. ¿Que proba queredes de min pra que

eu sexa voso compañeiro

—Moi pequena, abofellas. Por alí abaixo, naquela congostra que

vai a Betanzos, está pasando o señor Chinto do Couto, que leva un

266

Publicado n’ A Nosa Terra, Ano VI, nº 157, 15 de febreiro de 1922, p. 5. Está asinado

por Asieumedre.

267

É posible que se trate de Roibeira, unha aldea da parroquia de Brabío que está situada

a un quilómetro de Betanzos.

268

Río da vertente atlántica que nace no Marco das Pías, en Sobrado dos Monxes. Despois

de percorrer 52 quilómetros chega ao mar, formando a ría de Betanzos e dando orixe ao

val das Mariñas. Celébrase nel a tradicional romaría betanceira dos Caneiros.

269

Aldea da parroquia de San Pedro de Porzomillos, no concello coruñés de Oza dos Ríos.

263

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!