15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

lanchas e as cucas e ben feitiñas minuetas; acenden lume para encascaren

o velame das embarcaciós; nunha verba, a ribeira é, ao mesmo

tempo que un campo comunal de traballo, unha defensa contra das

furias do mar, e sin ela non fora posibre a vida das xentes da mariñeira

vila.

Nin o concello, nin os vellos gremios de mareantes, nin as autoridades

da mariña, tiñan para o areal o menor cuidado e vixilancia. Alí

quedaban as borbas dos peixes, as cascas da encascada, a xebra que

empodrece enchendo o ar de acidumes fedentos, e repuallos de tódalas

orixes e procedenzas, ata que chegou o día en que non era posibre

nin doado utilizar aquel natural campo de traballo.

Mais, foi chegada a época equinocial do inverno. As negras

augas baixan, nun recuamento extraordinario, ata descubriren o

encantilado e as pálidas e moles vexetaciós do fondo.

Os baixos da ría comenzaron a branquear. As ardentías desfanse

con estrondo nos escuros penedos da outra banda, e as gaivotas, en

voo tendido e praneando, cruzan os agros da mariña, como fuxindo

dun gran perigro.

Os vellos e esperimentados mariñeiros anuncian, entón, que a

mareira, a fera e traidora tempestade, estaba acadando as súas forzas

xigantescas. A mala nova corre pola confiada vila, e na ribeira son

varadas as pequenas embarcaciós que estaban máis á man. As xentes

devotas, as mulleres sobre todo, van á capela do milagreiro San Roque

a lle dirixir pregos e a lle ofrecer novenas para que amainen as furnias

do mar, salvando a vila dos perigos de outrora, en que algunhas casas,

a carón do areal, foran derrubadas.

Pero... a mareira sigue o seu camiño, bruante, implacabre,

erguendo as outas ardentías nun estrondo enxordecedor. Semella que

a fin da ridente vila era certa.

As augas baten e brúan na ribeira. Ao tornaren levan consigo

grandes masas de area, traendo despois, en novas acometidas, o lavado

e branco xabre dos fondos da ría.

As xentes, arripiadas por aquel balbordo, siguen rezando na

capela, agardando a proteición do ceo.

260

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!