15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

LÓXICA 263

Nun restaurante da Cruña, no momento en que xantaban, discutían

feramente un enxebre rexionalista e un filólogo castelán sobre se

a fala gallega era idioma ou dialecto.

Como sucede sempre entre xente latina, separáronse da custión

principal e discutiron sobre se lengua era o mesmo que idioma; e despois

de citaren un feixe de sabios, e de botaren man do latín, lengua

madre que tapa algunhas veces máis faltas de entendimento que unha

capa farrapos, conviñeron en que as dúas palabras significaban unha

sola cousa, e que polo mesmo era igual dicir idioma que lengua.

O mozo que servía á mesa, e que estivera oíndo a conversa, presentoulles

o derradeiro prato.

—¿Qué é esto —perguntoulle o sabio filólogo.

—Idioma con petitpois.

E nesto tiña o mozo tanta lóxica como o meu amigo Carnota, e

máis sentido que un galo literario.

263

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 49, 6 de agosto de 1908, p. 7.

257

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!