15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

¿CAEU ALGÚN BURRO 258

A humanidade sempre foi o mesmo. Cai unha besta no medio

dun lameiro e ningún se ri. Todos tratan de axudala a se erguere, compadecendo

ao probe dono.

Pero, se en lugar dunha besta é un cristiano o que mide o

chan coas costelas ¡Virxe do Carme, as risas que ceiban tódolos

que o vexan!

O porqué destas cousas hai que preguntalo ao ilustre valencián P.

Vicent, que garda o segredo de tódalas eivaduras morales dos novos

tempos, e moi especialmente conoce de tal xeito a alma gallega, que

del ha de virnos a redención tan cobizada. Porque mellor gallego que

aquel señor, nin o tío Marcos da Portela 259 con cirolas, monteira e

demais aditamentos.

Pois, señor, é o caso que unha tarde iba don Xacobe paseando

pola rúa de Garás. Don Xacobe era mesmamente un figurín: non había

señorito da Cruña, inda que levara o alcume de Xarreta ou peixe

semellante, que levara con máis garbo nin máis aquel a limpa e ben

tallada levita.

O chan estaba cuberto de fina lama. Don Xacobe deu un traspé

e caeu, tan largo como era, enriba das pedras, poñéndose perdidiño

de todo.

Un fato de mariñeiros que estaban na porta dunha taberna, quedaron

calados ao presenciar aquel estomballamento. Don Xacobe, mal

258

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 44, 27 de xuño de 1908, p. 4.

259

Personaxe histórico do século XVIII que foi dado a coñecer polo Padre Sarmiento na

Colección de voces y frases gallegas e posteriormente popularizado por Valentín Lamas

Carvajal co xornal do mesmo título.

253

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!