15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

O FRANCÉS 257

Dous mariñeiros franceses dun navío de guerra, foron unha

mañá á praza de abastos da Cruña. Paráronse diante dunha cesta acugulada

de recendente froita e un deles perguntou:

—Qu’est que ce ça

—Estas peras barburiñas son doces como risolio. Mérquenmas.

—Comment s’appele

—Sí, señor, pélanse.

—Comment

—Non, musiú, coa man, non; pélanse cunha navalla.

E a boa da muller quedou convencida de que entendía moi ben

aquela fala estranxeira.

Tiña por alcume A Francesa, porque era neta dun dos cen mil

fillos de San Luís, que desertara do exército do duque de Angulema,

que aló polo ano de 1823 viñeran a España a imprantar o goberno

ausolutista, ou ó que é o mesmo, a desface–la obra de libertade que

fixeran os soldados de Napoleón quince anos dinantes. Como por

estas terras sempre facemos as cousas ao rivés, botamos chispas contra

dos primeiros invasores, mais nada decimos contra dos que viñeron

o ano 23, porque eses si que merecían ben as reprimendas das

almas nobres e libres.

Os dous mariñeiros franceses emprenderon despois unha grande

conversa. Un deles non contestaba máis que ¡beaucoup!, que quer

dicir moito, dabondo.

257

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 40, 27 de maio de 1908, p. 7. Tamén se publicou neste

mesmo ano na revista Mondoñedo.

251

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!