15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

ENXEBRES 254

O ano de 1898 tiven a sorte de conocer e facerme amigo dun

inxenieiro alemán nomeado Guillermo Kolp, que viñera a dirixir a

fábrica de zucre de Caldas de Reis.

Kolp era un espíritu culto e intelixente; e os seus grandes conocimentos

industriás non lle impedían ter unha grande afición á música

e mais á literatura.

Xa levaba tres meses en Galicia, cando un día pergunteille:

—Señor Kolp, eu quedaríalle moi obrigado se fixera o favor de

me dicir qué opinión ten feita de Galicia, da súa lingua, literatura, costumes,

paisaxe.

—Meu amigo Asieumedre, —respondeume— dinantes de darlle

a miña opinión perciso saber se non se magoará calquera que ela fose.

—Fale con enteira libertade. Dende o momento en que lle rogo

a sua opinión, o darma será para min un grande favor, e nada máis.

—Pois daquela direille, meu amigo. Como eu fun inxenieiro

montador da fábrica Maschinebau–Anstalt, tiven ocasión de visitar

tódalas rexiós europeas. Bosnia, Albania, Serbia, Macedonia... non

quedou unha nación balcánica, nin unha rexión dos demais estados

europeos a onde eu non fose a colocar machinas de Anstalt. Nesas

terras tiven, pois, necesidade de estar algún tempo; e, polas miñas aficiós

folklóricas, entrei un anaquiño na intimidade daquelas nacionalidades.

En todas, calquera que fose a condición ou calidade da súa

fala, costumes, etc, atopei con ciudadanos que tiven a moita honra

gabar e defender as cousas da súa terra. A fala de cada pobo era falada

por tódolos habitantes, a preferida ás demais principalmente nas

254

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 37, 6 de maio de 1908, p. 5.

247

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!