15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

O PARECER 251

—¿Que lle pasa, compadre Vicente

—¡E que me ha de pasar, Estevo! Estou ollando esta árbore condanada

que ensombriza a miña leira, e non deixa medrar unha boa herba

a seu rente.

—Pois métalle machado...

—¡Ai! Eu ben quixera, pero inda que está na liña dos testes e

ten as raíces no meu terreo, como está na horta do avogado don

Xosé, que ademais é un cacique feito e direito, que Dios confunda,

calquera o derruba.

—E se non pode ser ¿que gana poñéndose maxinativo, compadre

Vicente

—Direille: estou poñendo en orde os meus pensamentos para ver

se atopo xeito de amocar a don Xosé, facendo que esta cerdeira non

dea cereixas noutra anada.

—E sentáronse os dous compadres no pequeno cómaro, picaron

tabaco, liaron dous cigarros, e fumaron...

—Compadre Estevo, ¿cando pensa ir á Cruña

—Mañán, Dios diante; o piquer é que non chova.

—E se vai ¿querme facer un favor

—Farei, si, señor.

—Pois vai vosté a ver o avogado don Xosé, e fágalle unha consulta

pidíndolle o parecer por escrito. A consulta ten de ser sobre un

caso do mesmo xeito que este da cerdeira. Teña coidado de que don

Xosé non se decate que tratamos de xiringalo.

251

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 36, 30 de abril de 1908, p. 5.

243

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!