15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

vivas entusiastas que salían do máis agachado das almas, enxordecían

o aire.

Namentras durou a festa Curros Enríquez estivo triste, abatido,

como escismando algo que lle laiaba no seu nobre corazón. Eu coidei

estonces que serían as saudades pola patria, que comenzarían xa a

magoalo. ¿Non será do seu agrado este agasallo pensábamos tódolos

seus ademiradores.

Curros ergueuse, e comenzou a falarnos desta maneira. 248

—“Agradézovos moito estas atenciós, que máis que a un poeta,

adicades, ben o sei, á patria gallega. Esta Sociedade que leva o

nome do meu libro, é unha disgregación do “Centro Gallego”, e eu

quero, eu rógovos que as divisiós non collan raíces entre vós. ¡Non

temos máis que un corazón; no noso ceo solo brila un sol; non

temos máis que unha nai...! eu pídovos con tódalas forzas da miña

alma que vos arreconcheguedes nun solo amor por Galicia, que

tampouco temos máis que unha, e esa é a nai dos gallegos emigrados.

A festa máis agasalladora para min, a que levantará na miña

alma unha lembranza eterna, será a festa da unión de tódolos galegos

da Habana.”

Estonces comprendín ben o por qué da tristura do poeta; daquel

nobre espíritu que naqueles momentos de glorificación esquencérase

da súa persona e tiña posto o pensamento no porvir da súa patria.

Despois escribeu algunhas composiciós, que el mesmo leía en

púbrico, pidindo sempre irmandade entre os gallegos.

E a irmandade chegou a reinar na nosa colonia, e os fillos de

Galicia buscaron agarimo na patriótica e nunca ben gabada sociedade

“Centro Gallego”.

Un verdadeiro milagre parece que os gallegos teñan axuntado

tanto diñeiro como costou a adequisición do “Teatro Nacional”, e

como ten de costar aínda a construcción do novo pazo.

A musa patriótica de Curros foi a boa fada, que con fíos invisibres

de ouro, xuntou fortemente nun solo sentimento tódolos corazós,

248

Histórico. (Nota do autor nos medios onde foi publicado este relato).

236

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!