15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—¡Viva! —berramos tódolos rapaces, saíndo á rúa ledos e

reloucando.

Non nos dábamos conta dos fondos sentimentos que movían o

nobre corazón do noso mestre; o que sabíamos era que aquela tarde

latábamos oficialmente.

Polo camiño que vén do Couto, unha corredoira fonda e sombrisa

como en ningures vin outra, sentimos o doce chío da gaita. Era o

vello Marzoa, o gaiteiro máis mestre das Mariñas, que non tocaba

mais que cando había revolución ou o día de Sanamede, que era o único

santo merecente dos seus agasallos. Viña tocando, coa antoación

máis brilante da palleta, o Himno de Riego 236 , e vestírase coas mellores

maxezas de labrego mariñán.

Detrás de Marzoa puxémonos en ringleira belicosa un fato de

nenos. Marzoa deixou de soprar no punteiro, e díxonos, tornando a

soprar con máis forza:

—¡Neniños! berrade sempre: ¡Viva a república!

—¡Viva! ¡Viva! respondimos todos á unha.

E acompañamos ao gaiteiro por tódalas rúas facendo un barullo

de primeira.

As xentes asomábanse ás portas, cheas de curiosidade. Cando

estábamos preto da praza maor, chamou por min unha velliña moi

velliña, que se alcumaba A Portuguesa, e que tiña sona de muller afertunada,

de contrameiga, porque unha vez caíra dun piso segundo e non

fixo máis que esmagar un gato. Díxome:

—Neniño, Asiumedre —xa daquela me nomeaban así— ¿por

que toca o gaiteiro

—Porque xa temos república, —respondinlle cheo de alegría

porque non había escola e mais por esa vanidade que sinten os nenos

cando saben dar resposta cumprida ás perguntas dos vellos.

—¡Vaia, home vaia! —dixo estonces a Portuguesa—. Vades ben

contentiños. Pois mira, neno; a cousa non é para tanto, que por moitas

voltas que dea o mundo quen nos amole nunca nos ha de faltar.

236

Interpretado por primeira vez en Málaga en 1820 cando o xeneral Rafael de Riego y Núñez

facía a súa entrada triunfal nesta cidade despois de se ter sublevado contra o absolutismo de

Fernando VII. Iniciábase deste xeito o que pasou á historia co nome de Trienio Liberal.

222

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!