15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

TIÑA RAZÓN! 234

AO MEU QUIRIDO AMIGO J OSÉ POSSE 235

Aquel día, o doce de Febreiro do ano de 1873, o noso mestre don

Crisanto Vidal estivera moi maxinativo. Non facía máis que entrar e saír

da escola, e non tiña coidado, contra do que adoitaba, dos cativos e algueireiros

discípulos, que se aproveitaban para faceren toda clas de xogos.

¿Que lle pasaba ao intelixente e quirido mestre don Crisanto

¿Poñeríase doudo Cando finou a clase de mañán meteuse na fábrica

de salazón de Casanova, que era un republicano entusiasta. Alí vímolo

enriba da rampla —¡inda parece que foi onte!— falando e braceando

fortemente. Aquel día non xantou nin foi pola súa casa.

Chegaron as tres da tarde. Cando xa tódolos nenos estábamos sentadiños

outra vez na seición da escola, don Crisanto, pálido, cheo de emoción

como quen vai dicir un segredo que está pendurando o porvir, púxose

de pé e falounos desta maneira, con fala solene, sinxela, agarimosa:

—Nenos, rógovos que me atendades ben. Que o que vou a decirvos

viva na vosa memoria namentres alentedes. Hoxe é un día grande e

grorioso para España e mais para a nosa Galicia. Xa somos homes libres,

donos da nosa voluntade e dos direitos de que son merecentes os pobos

adiantados e intelixentes. ¡Morreu para sempre a tiranía! ¡Xa temos

república na España! Hoxe non se tomará leición nesta escola. Ídevos

xogar a fóra en sinal de contentamento e para festexar este grande día.

Nenos, meus fillos amados... ¡Viva a libertade! ¡Viva a república!

Nos ollos do intelixente mestre brilaron as bágoas... a súa voz

tremaba coa emoción.

234

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 28, 26 de febreiro de 1908, p. 5.

235

Pode tratarse de José Posse y Villelga, que, segundo Couceiro Freijomil, escribiu as

seguintes obras: Manuales sociales I. Crónicas del trabajo (1904), Catecismo social,

El socialismo (1912), La vida social del país vasco (1914).

221

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!