15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

albañil; pola contra, o pobre animaliño chegou onte á miña casa cunha

fendencha na testa. Ademais, eu non permito que misturen o meu

nome nestas cousas, e veño a que se faga mañán mesmo unha reitificación

cumprida.

—O meu periódico non pode reitificar.

—Aí, meu rulo; o seu periódico reitificará ou se non esnáfroo pra

comenzar.

E o señor Bravo ergueuse poñendo unha cara que mesmo arripiaba.

—Pero, señor, acougue. Teña en conta que a noticia é certa; que

o seu can trabou de duro nas carnes do pobre albañil. Toda a vila o

sabe, e non pode reitificarse. A verdá é a verdá...

—A verdá —dixo o señor Bravo atallando feramente— a verdá

é que ten vosté que desdicirse.

E colleu polas solapas ao encollido Eleuterio, que coidou que xa

chegara á súa fin.

—Señor, non me asoballe; atenda... ¡reitificarei!

—É vosté un verdadeiro conservador, e chegará a cacique...

—Bueno, señor; mais eu non sei qué xeito podo dar a esa

reitificación.

—Eso non é dificultá. Eu mesmo a escribirei.

E nafeuto; colleu o señor Bravo unhas cuartillas, nas que puxo

estas palabras:

“Mejor enterados de lo acaecido anteayer entre un perro y un

albañil en el jardín de las Delicias, podemos asegurar a nuestros lectores

que ha sido el albañil quien dio un fuerte mordisco al perro, el

cual se haya ya casi repuesto del todo”.

La Verdad fixo así as súas primeiras armas, e despois Eleuterio

renegou para sempre dos cans, dos retirados e da hora en que se metera

a periodista.

220

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!