15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Neste mesmo ano asistiu á inauguración do monumento aos

“Mártires de Carral”, para o que contribuíu con 25 pesetas. Supoñía

este evento a consecución dunha vella aspiración pola que xa loitara

a Liga Gallega coa celebración dunha homenaxe o 23 de abril de

1899 46 . Por información que nos chega a través de Francisco Pillado

47 sabemos que neste mesmo ano participou Lugrís na coroación poética

de Curros Enríquez coa lectura de varios poemas. Tamén no 1904

foi un dos membros fundadores da Asociación da Prensa da Coruña.

Un ano máis tarde, Manuel Lugrís Freire figura entre os corenta

académicos de número que fundaron a Academia Gallega, na sesión do

4 de setembro de 1905 48 , unha institución á que estaría moi vencellado,

participando activamente nas reunións e chegando a presidente mediada

a década dos anos trinta, como comentaremos no seu momento.

No 1906 publica outra peza teatral, o drama Esclavitú 49 , que non

sería estreada ata 1910 e que dedicou a Andrés Martínez Salazar.

Mediado o ano 1907 emprende o seu segundo proxecto político,

a fundación de Solidaridad Gallega. Lugrís será un dos corenta e catro

asinantes do manifiesto redactado por Rodrigo Sanz, no que se define

que o obxectivo prioritario é activar a participación política, educar ao

electorado e loitar contra o caciquismo. Preténdese, en todo caso,

impulsar o desenvolvemento das rexións e loitar contra o centralismo.

Defínense como “la matriz de la que han de salir los partidos que la

Patria necesita y que hoy no tiene”. Nesta organización agrarista confluíron,

como teñen afirmado Xusto G. Beramendi e Núñez Seixas 50 ,

tres sectores ideoloxicamente bastante afastados: o republicanismo

galego liderado por Moreno Barcia e polo “Médico Rodríguez”, os

rexionalistas coruñeses encabezados por Murguía, e os neocarlistas

47

Op. cit. p.14.

48

Pódese ampliar esta información polo Boletín de la Real Academia Gallega, nº 1, Ano

I, 20 de maio de 1906, p. 3, ou tamén por Real Academia Gallega, A Coruña: Imprenta y

Fotograbado de Ferrer, 1912.

49

Drama en dous actos en prosa, A Cruña: Libreiría Rexional d’Eugenio Carré, 1906, 49 pp.

50

O nacionalismo galego, Vigo: Edicións A Nosa Terra, col. Historia de Galicia, nº 18,

1996, p. 65.

22

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!