15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

RECTIFICACIÓN 232

Eleuterio sabía ler e mais escribir, tiña xa feito versos para

algunhas antroidadas e ademais era escribiente do Aiuntamento. Sintíndose

forte para grandes empresas quixo facer un periódico, e fíxoo,

vendo deste xeito cumprido o máis agasalleiro dos seus sonos, que vos

era de ver imprentados os seus versos.

Púxolle ao boletín o nome de La Verdad 233 , e no primeiro artículo–programa

dicía que viña a facer xusticia, a chamarlle ás cousas

polo seu nome, e que non rectificaría endexamais inda que tivera que

ir a tódolos tarreos.

Eleuterio era da mesma madeira que o meu nunca ben gabado

amigo, e ilustrado funcionario público, Texada, modelo de periodistas

e literatos máis impávidos, que un croio de vinte quintás.

No primeiro boletín saeu unha noticia del tenor siguiente, con

perdón: “Ayer tarde, al pasar por el jardín de las Delicias un infeliz

albañil, fué furiosamente mordido por un terrible perro, que, según se

nos informa, es de la propiedad del señor don Enrique Bravo, comandante

retirado. Las autoridades deben impedir que estos canes anden

sueltos por la vía pública, y deben multar fuertemente a sus dueños,

etc., etc.”

Aínda ben non berraban os cativos pola rúa o novo boletín, presentouse

na redacción o señor Bravo.

—Veño, —dixo— a que me faga o favor de reitificar unha noticia.

O meu can é de boa paz, e non é certo que teña trabado a ningún

232

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 24, 26 de xaneiro de 1908, pp. 5–6.

233

Son moitos os xornais que apareceron con esa cabeceira a finais do século XIX e na

primeira década do XX.

219

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!