15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

e bateuse coma un león cando as nosas forzas quixeron tornar dende

Longeland 223 en defensa da patria. No combate de Kudskiwing, cando

fixeron fuxir coma un coello ao xeneral Alfeld (15 de Agosto de 1808)

colléndolle seis cañós e facéndolle prisioneiros a bao, foi o héroe da nosa

verdadeira historia mal ferido nunha perna quedando polo mesmo eivado

para o servicio das armas.

Xa de volta na súa patria, a tirria que lle tiña aos franceses

medrou moito na súa alma cando se enterou das xudiadas e profanaciós

que os invasores tiñan feito en Galicia, e cando soupo que na

aición da Costa do Sal, contra Maucune, habíanlle matado ao seu tío

don Miguel Colmelo, facendo aldraxes do seu cadavre.

—¡Xuro, dixo daquela, que hei de vingar a morte do meu tío e

os aldraxes que cometeron nas nosas igresias eses infames traidores!

III

Foi o mesmo don Rafael a preparar a lancha en que habían de ir

os franceses. Levantou o empanetado, e cun trade fixo un burato que

tapou cunha cortiza.

O vento era do Leste. Cun rapás que axudara ao cambio da escota

había dabondo para face–la travesía. Este rapás tiña por alcume

Chocos, e o que estos ringlós escribe conoceuno, e oeu dos seus labios

este feito que non deberan de esquencer endexamais os bos patriotas.

Os cabalos foron embarcados nunha lancha grande sin corredores,

que se amarrou para o remolque pola que gobernaba D.Rafael, na

que se colocaron os franceses.

Ergueuse a vela, e a lancha comenzou a camiñar cara á praia de

Bañobre 224 .

Pola conversa que sostían os franceses —pois o noso heroe

entendía aquela fala— comprendeu do que se trataba.

223

Trátase da illa de Langeland, situada no mar Báltico. Foi aquí onde se xuntaron todas

as tropas peninsulares, agás as do Algarve, Guadalajara e Asturias, para fuxir cara a España

na flota inglesa e así poder loitar contra Napoleón na Guerra da Independencia.

224

Aldea da parroquia de Castro, concello de Miño.

212

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!