15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

POLA PATRIA

EPISODIO DA GUERRA DA INDEPENDENCIA

EN GALICIA 221

I

Era o día primeiro de San Xoán do ano de 1809.

A pequena e poética vila de Sada foi sorpresa aquela mañán polo

ruído que na rúa principal facía o forte galopar de algús cabalos. Axiña

se decataron os viciños que se trataba de vinte dragós franceses ao

mando dun oficial.

Inda ben non se apearan, dirixeuse o xefe francés á casa onde vivía

o alcalde do concello, que daquela era a xurisdición de Mirafrores.

—Ponédeme axiña unha lancha pra pasar á outra banda —dixo

nun chapurreado de castelán, gallego e francés.

O alcalde respondeulle que cumprimentaría a súa orde.

II

Chamábase o alcalde, D. Rafael Colmelo Freire de Andrade. Fora

capitán da división española que mandaba o Marqués de la Romana 222 ,

221

Publicado na Revista Gallega, nº 164, 1 de maio de 1898, p. 5, e en El Eco de Galicia

de Buenos Aires, nº 240, 20 de xuño de 1898.

222

Refírese a un acontecemento histórico que tivo lugar entre 1807 e 1808; unha expedición

mandada polo Marqués de la Romana a instancias de Napoleón, coa que o emperador francés

tentaba defender o reino de Dinamarca. A ausencia de noticias da terra, unida ao progresivo

illamento, provocaron que os 15000 homes que formaban a expedición se revelasen

contra a autoridade francesa e fuxisen para España en barcos da armada inglesa. O título de

Marqués de la Romana fora creado en 1739 en favor de José Caro Maza de Lizana y Roca.

211

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!